[Tradutores-Ubuntu] Sobre o encontro de hoxe na XGN

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Sat Mar 15 21:47:43 GMT 2008


Ola a tod at s.

Diríxome a tódalas listas de correo sobre tradución de software libre
ó galego que coñezo para comentar o acontecido hoxe no relatorio sobre
localización de SL ó galego de hoxe na XGN.

Por unha casualidade do destino ou por pura casualidade sen máis, hoxe
non se asistiu moita xente, polo que dun xeito ou doutro ó final este
relatorio converteuse máis ben nunha discusión sobre cal será o futuro
da localización de SL, deficiencias das ferramentas e dos métodos,
carencias de organización na tradución e un relativamente longo
etcétera (perdoade que non me espalle máis, pero é que xa estou medio
para aló, dous días na XGN e xa se sabe)...

Ó final chegouse a un acordo sobre que estas cuestións e outras que
puideran xurdir máis adiante, deberían ser discutidas polo maior
número posible de persoas involucradas na localización ó galego do SL.
Polo tanto esta mensaxe é un chamamento para todos vós, para intentar
concretar unha data e un lugar convenientes para levar a cabo un
debate máis polo miúdo.

Debido a que se todos respondemos a listas diferentes se van crear
varias discusións paralelas, será aconsellable enviar tódalas
respostas a unha única lista, por exemplo a
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org

Ata logo,
                   Leandro Regueiro


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list