[Tradutores-Ubuntu] Sobre o encontro de hoxe na XGN

Festor festor90 at gmail.com
Sat Mar 15 23:50:53 GMT 2008


Perdoade Leandro pero o que proporcionas non é unha lista de correo seno un
e-mail

A caso no é preciso rexistrarse?

El día 15/03/08, Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com> escribió:
>
> Ola a tod at s.
>
> Diríxome a tódalas listas de correo sobre tradución de software libre
> ó galego que coñezo para comentar o acontecido hoxe no relatorio sobre
> localización de SL ó galego de hoxe na XGN.
>
> Por unha casualidade do destino ou por pura casualidade sen máis, hoxe
> non se asistiu moita xente, polo que dun xeito ou doutro ó final este
> relatorio converteuse máis ben nunha discusión sobre cal será o futuro
> da localización de SL, deficiencias das ferramentas e dos métodos,
> carencias de organización na tradución e un relativamente longo
> etcétera (perdoade que non me espalle máis, pero é que xa estou medio
> para aló, dous días na XGN e xa se sabe)...
>
> Ó final chegouse a un acordo sobre que estas cuestións e outras que
> puideran xurdir máis adiante, deberían ser discutidas polo maior
> número posible de persoas involucradas na localización ó galego do SL.
> Polo tanto esta mensaxe é un chamamento para todos vós, para intentar
> concretar unha data e un lugar convenientes para levar a cabo un
> debate máis polo miúdo.
>
> Debido a que se todos respondemos a listas diferentes se van crear
> varias discusións paralelas, será aconsellable enviar tódalas
> respostas a unha única lista, por exemplo a
> ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego at mancomun.org
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list