[Tradutores-Ubuntu] Presentándome

Tomás vilariño Fidalgo vifito at cesga.es
Wed Jun 4 14:09:11 BST 2008


Boas a todos,

Son Tomás Vilariño, traballo en Mancomún, e son unha das persoas que
está a traballar no tema que presentou Suso Baleato da ubuntu en galego:
https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/2008-May/000411.html

Serva este mail para presentarme e para comentarvos os avances que
estamos a facer no tema e que esta aberto a colaboración/suxestións/... 
No wiki vimos de publicar os pantallazos do tema (GDM Theme,
backgrounds, Splash screen, ...) no que estamos a traballar.
http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel

A versión na que estamos a traballar é a 8.04 e temos un repositorio
(http://apt.mancomun.org) cos debs personalizados que imos
desenvolvendo. OLLO: está en desenvolvemento e poden aparecer algúns
problemas, esto é software libre ... sen garantía ... agradecemos
reporte de bugs.

Saúdos


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list