[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team

damufo damufo at gmail.com
Fri Jun 6 13:16:20 BST 2008



Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> suso.baleato at xunta.es wrote:
>>> Ben, ao final o sistema funciona ao revés: hai que montar as
>>> infraestruturas, presentar a candidatura para ser aprobado como "LoCo
>>> Team" oficial e agardar a que se reúna a comisión para que comproben que
>>> todo está "correcto".
>>>
>>> Agora veñen as preguntas:
>>>
>>>     * Suso e comunidade: araOS e Ubuntu-Galiza ¿deben ser equivalentes?
>>>           o No caso no que a resposta sexa "non": ¿hai algún problema en
>>>             que teñan o soporte, espazo para a comunidade, etc. no mesmo
>>>             sitio?
>>>     
>> A ver si consigo respostalas e de paso aclaro as ideas, cunha frase sobre
>>  cada unhas das dúas cousas:
>>
>> - O araOS é un proxecto de desenvolvemento de Mancomún; posto que o
>>   primeiro prototipo está a desenvolverse sobre Ubuntu, Mancomún puxo en
>>   común o proxecto coa comunidade galega de Ubuntu. A comunidade galega 
>>   de Ubuntu está a participar no desenvolvemento dando ideas, probando o
>>   invento...
>>
>> - Ubuntu-Galiza é un grupo de personas voluntarias de Ubuntu. Como a
>>   comunidade Ubuntu-Galiza está interesada en promover o uso da súa
>>   distro, están axudando aos de Mancomun co desenvolvemto do araOS.
>>   Ademais é unha comunidade moi activa, que está plantexándose montar un
>>   LoCo Team. Como a posta en marcha do LoCo team require 
>>   infraestructuras, dende Mancomún ofreceron compartir as súas.
>>
>> Mancomún é un grupo, Ubuntu-Galiza é outro grupo, e araOS é un proxecto
>> de desenvolvemento de Mancomún no que participa Ubuntu-Galiza.
>>
>> Por tanto, a resposta á primeira pregunta sería que araOS e Ubuntu-Galiza
>> son cousas distintas e a resposta á segunda que non hai ningún problema
>> en compartir recursos.
>>
>>
>>
>>   
>>>     * Suso: Ubuntu ten a infraestrutura para wiki, web convencional,
>>>       foros, IRC e listas de correo:
>>>           o ¿Creamos as equivalentes no sitio que se vai montar ou
>>>             sacamos proveito dalgunha delas? (persoalmente creo que a
>>>             wiki, web e foros debían ir na "nosa" plataforma, e o IRC en
>>>             freenode. As dúbidas éntranme coa lista de correo).
>>>
>>>     
>> Na miña opinión, se Ubuntu pode fornecer eses recursos deberíamos
>> comezar por empregar os recursos da propria comunidade Ubuntu xa que iso
>> axudará a que nos integremos mellor e que sexamos máis aceitados -e así
>> evitamos problemas como os que tivemos con Mozilla por exemplo-; e que
>> se utilicen os recursos de mancomún cando os de Ubuntu non sexan
>> suficientes ou simplemente cando conveña. É a miña opinión, claro.
>>
>>   
>>> E agoa a gran pregunta que me empeza a proer e á que lle espero poder
>>> dar resposta: ¿que vantaxes supón ser un LoCo Team oficial?
>>>
>>>     
>> Pois eu entendo que ser un LoCo Team oficial supón básicamente unha
>> maior capacidade de interlocución ante Canonical, pois non hai que
>> esquecer que detrás de Ubuntu hai unha empresa, pero que detrás desa
>> empresa hai unha comunidade. É importante que sexamos quen de
>> visibilizar a comunidade galega pensando en que no futuro poderíamos ter
>> que demostrar que existimos e que levamos traballando tempo, pois iso
>> sucedeu fai nada con Mozilla... depois de cinco anos!! 
>>
>>   
> 
> A verdade é que coincido contigo en case todo, pero o meu temor atópase
> en que se por un lado vai estar o araOS en Mancomún, e o LoCo por outro
> (co seu foro, IRC, a súa web e wiki), temo que esa fragmentación de
> usuarios acabe facendo que ningún dos dous teña demasiado peso
> (probablemente menos o LoCo, xa que o araOS conta co apoio institucional).
> 
> Unha posibilidade é que utilicedes a infraestrutura do LoCo (que podemos
> montar nos recursos de Ubuntu/Canonical) para dar soporte ---comunitario
> "oficial"--- ao araOS. Este é xusto o camiño oposto ao que eu tiña en
> mente ata agora, que era que o LoCo usase os recursos que creásedes para
> o araOS.
> 
> Saúdos.
>     Felipe.
> 
> 
> 
Entendo que son cousas diferentes (corrixideme se me erro), por un lado 
está araos que ven a ser unha personalización do ubuntu  aínda que poida 
que sexan cousas diferentes, entendo que deberíanse usar os mesmos 
recursos. Se os que fornece ubuntu son suficientes este sería un bo sitio.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list