[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Thu May 29 22:54:31 BST 2008


Boas,

Veño de actualizar o wiki que puxemos a andar para descreber o que imos
facendo e dese modo facilitar o traballo colaborativo e a participación
no proxecto do metapaquete. 

http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel

Polo momento o que atoparedes serán ligazóns úteis que fomos recopilando,
descrebendo procesos e ficheiros de configuración... en fin, que non se
trata de 'entregar un produto xa feito e fechado' como no caso do software
privativo, senón que se trata de facelo un pouco entre todos e todas,
asi que o que nós fagamos queremos que sexa público dende o principio
para que todo o mundo poida opinar e participar do proceso.

Botádelle un ollo; non esperedes un documento estructurado ou algo así
por que é exactamente o que é: un wiki; algo caótico e creativo, que
nistes momentos é o que compre para facilitar a tormenta de ideas e
convertir esta posta en común nun metapaquete.deb instalabel. E por
suposto se alguén se anima con descricións funcionais, documentación,
manuais do desenvolvedor, FAQs e demais material, que non se corte.

Saúdos,


suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> Xosé escrebeu:
> > Olá,
> > 
> > O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero
> > facer:
> > 
> > 1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución
> > EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en
> > galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de
> > tradución.
> 
> É importante ter claro que unha cousa é o metapaquete, e outra cousa son
> as personalizacións que se fagan dese metapaquete. E dende logo distro,
> no seu sentido estricto, entendo que só estamos a falar dunha: Ubuntu.
> 
> O obxectivo que temos en Mancomún é obter un metapaquete que, aplicado a
> unha Ubuntu estándar, forneza un escritório ofimático multimedia en galego
> adaptado ás necesidades que estamos tendo: que esté nun galego homologado,
> que poidan metérselle os logos dos que nos piden esas distros... etc.
> 
> Despois ise metapaquete por suposto pode empregalo quen queira para
> facer a súa personalización se quere, igual que calquera pode baixarse
> unha ubuntu e personalizala ao seu gusto. No noso caso ímolo empregar como
> ferramenta para poder facer as personalizacións que nos pidan, e xa temos
> tres encargadas: unha para a oficina técnica do PEGSI, outra para Dirección
> Xeral e outra para a rede de dinamización.
> 
> En canto á idea de que haxa unha 'distribución' en galego... home, pois
> distros en galego hai unhas cantas xa. Outra cuestión é que se consiga
> que a xente acredite nunha en concreto; e iso sería o desexabel, por que
> mentres non suceda iso, ímolo ter moi complicado para lograr que a xente
> se tome en serio isto do linux.
> 
> Pola miña parte estou facendo todo o posibel para obter un apoio
> institucional da Xunta neste sentido; creo que hai unha boa oportunidade
> agora que se celebra o segundo aniversario de mancomún, e vou tratar de
> facer todo o posibel para obter un compromiso nise sentido. Fixen unha
> proposta dende o Centro de Referéncia de cara ao aniversario que non sei
> si me aceptarán ou até onde, pero sí me podo comprometer a dúas cousas
> se o considerades útil:
> 
> 1) Mantervos informados do que vaia conseguindo,
> 2) Tratar que en caso de conseguilo que non sexa unha distribución
>    separada, senón que sexa unha personalización do metapaquete do que
>    falamos.
> 3) Se o consigo, contar cómo o fixen para que o proceso poidan repetilo
>    a xente de educación, os de sanidade e todos os demais.
> 
> > Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda
> > deducir algo parecido.
> 
> Se queredes que fagamos publicidade deste proxecto de metapaquete
> facémola, pero non sei até que punto eso pode ter interese. O único nome
> que estamos empregando nós é araOS internamente. O nome ven do pingüíno
> galego, o Arao, que está en perigo de extinción. O único que queirades
> que poñamos unha nova en mancomún en plan 'mancomún traballará nun
> proxecto de metapaquete en coordinación coa comunidade galega de Ubuntu'
> ou algo así? Igual era boa idea, aproveitando que acaba de sair a 8.04. 
> Por min sen problema.
> 
> No que se refire ás tres personalizacións das que che falaba arriba que
> eu saiba só imos darlle publicidade a dúas: a da oficina do PEGSI e á da
> Dirección Xeral. A primeira vai estar orientada ás PEMEs e a segunda 
> servirá de apoio para as accións de promoción do software libre, para
> regalarlle aos GULs, para levar aos eventos... etc. O da rede de dinamización
> non creo que teña nome nin publicidade, pero sí que vai ter uso por que
> sería para os 80 locais que teñen por todo o país. En canto aos nomes
> cores, logotipos, e todo o demais iso xa é cousa dos creativos e pouco
> temos que dicir nós niso. Eu fixen varias propostas de nomes, e se a alguén
> se lle ocurren nomes, pois admítense suxeréncias.
> 
> > Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos
> > coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións
> > públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas,
> > hospitais, colexios, etc.
> > 
> 
> Os destinatarios do metapaquete son desenvolvedores que queiran empregar
> ise metapaquete para personalizalo cos logotipos dos seus 'clientes' e
> empregalo como mellor entendan. Por exemplo, os do sergas poden coller o
> metapaquete e partir del para facerse unha ubuntu á súa medida. Ou poden
> pedirnos a nós que llo fagamos. Ou poden contratar a unha empresa para 
> ue llo faga. Ou poden falar cun colega e que llo faga íl...
> 
> No caso de mancomún, temos previsto empregar o metapaquete para xenerar
> as tres personalizacións das que falaba. E ogallá que nos encarguen moitas
> máis, por que será sinal de que o tema do linux funciona. Pero polo
> momento os encargos que temos son ises.
> 
> 
> > 2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas,
> > hospitais, colexios, etc.
> > 
> 
> Estás seguro desto? Así, sen ter aínda o metapaquete e ver cómo funciona
> é difícil de definir, eu penso que sería máis efectivo que se alguén quere
> facer unha distro para colexios, que colla o metapaquete e que o adapte
> directamente non? E unha vez feita a adaptación, que o suba ao repositorio
> e así que o poida empregar calquera. 
> 
> Pero igual o do esquema metapaquete principal + metapaquete
> personalizado é mais efectivo. Non sei. No que a min respeita, estou
> aberto a todo tipo de suxerencias.
> 
> 
> > Xosé
> > 
> > 
> > 
> > 
> > 
> > O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > Boas,
> > >
> > > Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> > > correxídeme se me equivoco:
> > >
> > > - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> > >   metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> > >   varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> > >   que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> > >   e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> > >   metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> > >   pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> > >   apoiaríamolo.
> > >
> > > - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> > >   troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> > >   resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> > >   sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> > >   darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> > >   longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> > >   súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> > >   maiores do que se meta polo launchpad.
> > >
> > > - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> > >   suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
> > >
> > > - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> > >   distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> > >   customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> > >   ser portado para outras distros...
> > >
> > > Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> > > seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> > > para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> > > sinatura ou o que conveña.
> > >
> > > En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> > > importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> > > positivo para todos/as.
> > >
> > > Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> > > contento con todo isto.
> > >
> > > Saúdos,
> > >
> > > damufo escrebeu:
> > > > Respondo abaixo
> > > >
> > > > >> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > > > >>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > > > >>>
> > > > >>> [..cortado..]
> > > > >>>
> > > > >>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o
> > > > >>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark
> > > > >>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer
> > > > >>>> o carro diante dos bois. De nada serviría que a Consellería de
> > > > >>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do
> > Centro
> > > > >>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a
> > > > >>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de
> > > > >>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e
> > > > >>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar
> > > > >>>> xuntos cara obxectivos comúns.
> > > > >>>
> > > > >>> Non é por facer a rosca,  pero estou contento con que teñades esa
> > > > >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> > > > >>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> > > >  >
> > > >  > damufo escrebeu:
> > > >  >> Unha opinión mais.
> > > >  >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es
> > > >  >> no canto dunha distribución especifica.
> > > >  >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> > > >  >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> > > >  >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> > > >  >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> > > >  >> Saúdos
> > > >
> > > > suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > > >  > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> > > >  > posibilidade debe contemplarse.
> > > >  >
> > > >  > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar
> > traballando
> > > >  > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para
> > > >  > todas as distros ao mesmo tempo.
> > > >  >
> > > >  > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras
> > > >  > distros, pois sen problema claro.
> > > >  >
> > > >  > Saúdos,
> > > >
> > > > A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> > > > razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> > > > logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> > > > Saúdos
> > > >
> > > > >> --
> > > > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > > >
> > > > --
> > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > > > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> > >
> > > --
> > > Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> > > Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> > 
> > 
> > -- 
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> 
> -- 
> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list