[Tradutores-Ubuntu] Presentándome

Nacho nacho.resa at gmail.com
Wed Jun 4 14:12:10 BST 2008


2008/6/4 Tomás vilariño Fidalgo <vifito at cesga.es>:

> Boas a todos,
>
> Son Tomás Vilariño, traballo en Mancomún, e son unha das persoas que
> está a traballar no tema que presentou Suso Baleato da ubuntu en galego:
> https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/2008-May/000411.html
>
> Serva este mail para presentarme e para comentarvos os avances que
> estamos a facer no tema e que esta aberto a colaboración/suxestións/...
> No wiki vimos de publicar os pantallazos do tema (GDM Theme,
> backgrounds, Splash screen, ...) no que estamos a traballar.
> http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel


Se eu fose ti, esperaría un par de meses para facer un tema para o GDM.
Xa que o GDM foi reescrito desde cero, e creo que cambiou bastante o
de facer temas para el.

Saúdos.

>
>
> A versión na que estamos a traballar é a 8.04 e temos un repositorio
> (http://apt.mancomun.org) cos debs personalizados que imos
> desenvolvendo. OLLO: está en desenvolvemento e poden aparecer algúns
> problemas, esto é software libre ... sen garantía ... agradecemos
> reporte de bugs.
>
> Saúdos
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list