[Tradutores-Ubuntu] Presentación

Luz luz.antas at gmail.com
Fri May 31 07:15:32 UTC 2013


O da solicitude creo que foi erro meu, mais agora penso que xa está.
Irei informando entón na rolda dos módulos que vaia rematando.
Grazas a vós, e espero ser de axuda :)

2013/5/31 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>

> On jue 30 may 2013 20:44:59 CEST, Anton Meixome wrote:
>
>> 2013/5/29 Luz <luz.antas at gmail.com>:
>>
>>> Bo día,
>>> Chámome Luz, son filóloga e levo tempo querendo colaborar na localización
>>> de software libre, mais non me decidín a dar o paso até hai pouco.
>>> Estiven
>>> traballando nas cadeas que quedaban por traducir de
>>> wget<https://translations.**launchpad.net/ubuntu/raring/+**
>>> source/wget/+pots/wget/gl/+**translate<https://translations.launchpad.net/ubuntu/raring/+source/wget/+pots/wget/gl/+translate>
>>> >e,
>>> se considerades que cumpro os requisitos, gustaríame formar parte do
>>> Ubuntu Galician Translators e colaborar na medida do posíbel nas tarefas
>>> de
>>> tradución :)
>>> Fico á espera da vosa resposta.
>>> Un saúdo
>>> --
>>> Luz
>>> --
>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.**com <Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
>>> https://lists.ubuntu.com/**mailman/listinfo/ubuntu-l10n-**gl<https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl>
>>>
>>
>>
>>
>> Fixen unha revisión da tradución realizada por Luz e considero que é
>> unha excelente candidata para formar parte oficialmente do UGT.
>> Agardo que os administradores (Fran Diéguez e Miguel Bouzada) poidan
>> darlle unha resposta canto antes para que así as traducións que vai
>> facendo (en pouco tempo está acumulando un karma 6000).
>>
>> Son consciente de que Miguel Bouzada pediu o relevo desta
>> responsabilidade. A ver se entre os novos membros e co apoio de Felipe
>> Xil (antigo coordinador) se pode retomar a actualización da
>> administración do grupo.
>>
>> @ Luz,
>>
>> Fixeches a petición nesta ligazón, para que lles apareza aos
>> administradores do equipo a túa conta como pendente de activación
>>
>> https://launchpad.net/~lp-**l10n-gl/+join<https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join>
>>
>> É que non te vexo e penso que é un fallo do sistema Launchpad. Cando
>> alguén solicita unirse ao grupo, a lista de correo debería recibir un
>> correo pero son cousas independentes (a lista e a plataforma
>> launchpad). Por iso no UGT constan 25 membros pendentes de entrar
>> mentres que na lista apenas hai presentacións de novos membros.
>>
>>  Polo momento non chegou ningunha solicitude de unión ao equipo.
> Sen dúbida, e grazas aos apoios que lle dades, Luz formará parte do equipo.
>
> Luz, en canto formes parte e en canto vaias rematando a traducións de
> módulos informes nesta rolda. Xa que algúns dos módulos forman parte
> doutros proxectos.
> Desta forma nós poderemos coller ditas traducións e envialas onde
> corresponda, así desta forma todas as distribucións de Linux contarán con
> ditas traducións.
>
> Saúdos e grazas pola axuda.
>
> --
> Fran Dieguez
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.**com <Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
> https://lists.ubuntu.com/**mailman/listinfo/ubuntu-l10n-**gl<https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl>
>



-- 
Luz


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list