[Tradutores-Ubuntu] Presentación

Marcos Lans marcoslansgarza at gmail.com
Fri May 31 08:12:20 UTC 2013


Ola Luz,

Eu estou traballando actualmente no checkbox. Coido que sería bo que 
comunicásemos á lista os módulos nos que traballamos para non duplicar o 
traballo.

Saúdos

En 31/05/13 09:15, Luz escribiu:
> O da solicitude creo que foi erro meu, mais agora penso que xa está.
> Irei informando entón na rolda dos módulos que vaia rematando.
> Grazas a vós, e espero ser de axuda :)
>
> 2013/5/31 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
>
>> On jue 30 may 2013 20:44:59 CEST, Anton Meixome wrote:
>>
>>> 2013/5/29 Luz <luz.antas at gmail.com>:
>>>
>>>> Bo día,
>>>> Chámome Luz, son filóloga e levo tempo querendo colaborar na localización
>>>> de software libre, mais non me decidín a dar o paso até hai pouco.
>>>> Estiven
>>>> traballando nas cadeas que quedaban por traducir de
>>>> wget<https://translations.**launchpad.net/ubuntu/raring/+**
>>>> source/wget/+pots/wget/gl/+**translate<https://translations.launchpad.net/ubuntu/raring/+source/wget/+pots/wget/gl/+translate>
>>>>> e,
>>>> se considerades que cumpro os requisitos, gustaríame formar parte do
>>>> Ubuntu Galician Translators e colaborar na medida do posíbel nas tarefas
>>>> de
>>>> tradución :)
>>>> Fico á espera da vosa resposta.
>>>> Un saúdo
>>>> --
>>>> Luz
>>>> --
>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.**com <Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
>>>> https://lists.ubuntu.com/**mailman/listinfo/ubuntu-l10n-**gl<https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl>
>>>>
>>>
>>>
>>> Fixen unha revisión da tradución realizada por Luz e considero que é
>>> unha excelente candidata para formar parte oficialmente do UGT.
>>> Agardo que os administradores (Fran Diéguez e Miguel Bouzada) poidan
>>> darlle unha resposta canto antes para que así as traducións que vai
>>> facendo (en pouco tempo está acumulando un karma 6000).
>>>
>>> Son consciente de que Miguel Bouzada pediu o relevo desta
>>> responsabilidade. A ver se entre os novos membros e co apoio de Felipe
>>> Xil (antigo coordinador) se pode retomar a actualización da
>>> administración do grupo.
>>>
>>> @ Luz,
>>>
>>> Fixeches a petición nesta ligazón, para que lles apareza aos
>>> administradores do equipo a túa conta como pendente de activación
>>>
>>> https://launchpad.net/~lp-**l10n-gl/+join<https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join>
>>>
>>> É que non te vexo e penso que é un fallo do sistema Launchpad. Cando
>>> alguén solicita unirse ao grupo, a lista de correo debería recibir un
>>> correo pero son cousas independentes (a lista e a plataforma
>>> launchpad). Por iso no UGT constan 25 membros pendentes de entrar
>>> mentres que na lista apenas hai presentacións de novos membros.
>>>
>>>   Polo momento non chegou ningunha solicitude de unión ao equipo.
>> Sen dúbida, e grazas aos apoios que lle dades, Luz formará parte do equipo.
>>
>> Luz, en canto formes parte e en canto vaias rematando a traducións de
>> módulos informes nesta rolda. Xa que algúns dos módulos forman parte
>> doutros proxectos.
>> Desta forma nós poderemos coller ditas traducións e envialas onde
>> corresponda, así desta forma todas as distribucións de Linux contarán con
>> ditas traducións.
>>
>> Saúdos e grazas pola axuda.
>>
>> --
>> Fran Dieguez
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.**com <Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com>
>> https://lists.ubuntu.com/**mailman/listinfo/ubuntu-l10n-**gl<https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl>
>>
>
>




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list