[Tradutores-Ubuntu] Presentación
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Thu May 30 22:23:06 UTC 2013
On jue 30 may 2013 20:44:59 CEST, Anton Meixome wrote:
> 2013/5/29 Luz <luz.antas at gmail.com>:
>> Bo día,
>> Chámome Luz, son filóloga e levo tempo querendo colaborar na localización
>> de software libre, mais non me decidín a dar o paso até hai pouco. Estiven
>> traballando nas cadeas que quedaban por traducir de
>> wget<https://translations.launchpad.net/ubuntu/raring/+source/wget/+pots/wget/gl/+translate>e,
>> se considerades que cumpro os requisitos, gustaríame formar parte do
>> Ubuntu Galician Translators e colaborar na medida do posíbel nas tarefas de
>> tradución :)
>> Fico á espera da vosa resposta.
>> Un saúdo
>> --
>> Luz
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>
>
> Fixen unha revisión da tradución realizada por Luz e considero que é
> unha excelente candidata para formar parte oficialmente do UGT.
> Agardo que os administradores (Fran Diéguez e Miguel Bouzada) poidan
> darlle unha resposta canto antes para que así as traducións que vai
> facendo (en pouco tempo está acumulando un karma 6000).
>
> Son consciente de que Miguel Bouzada pediu o relevo desta
> responsabilidade. A ver se entre os novos membros e co apoio de Felipe
> Xil (antigo coordinador) se pode retomar a actualización da
> administración do grupo.
>
> @ Luz,
>
> Fixeches a petición nesta ligazón, para que lles apareza aos
> administradores do equipo a túa conta como pendente de activación
>
> https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join
>
> É que non te vexo e penso que é un fallo do sistema Launchpad. Cando
> alguén solicita unirse ao grupo, a lista de correo debería recibir un
> correo pero son cousas independentes (a lista e a plataforma
> launchpad). Por iso no UGT constan 25 membros pendentes de entrar
> mentres que na lista apenas hai presentacións de novos membros.
>
Polo momento non chegou ningunha solicitude de unión ao equipo.
Sen dúbida, e grazas aos apoios que lle dades, Luz formará parte do equipo.
Luz, en canto formes parte e en canto vaias rematando a traducións de
módulos informes nesta rolda. Xa que algúns dos módulos forman parte
doutros proxectos.
Desta forma nós poderemos coller ditas traducións e envialas onde
corresponda, así desta forma todas as distribucións de Linux contarán
con ditas traducións.
Saúdos e grazas pola axuda.
--
Fran Dieguez
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list