[Tradutores-Ubuntu] Presentación

Anton Meixome meixome at certima.net
Thu May 30 18:44:59 UTC 2013


2013/5/29 Luz <luz.antas at gmail.com>:
> Bo día,
> Chámome Luz, son filóloga e levo tempo querendo colaborar na localización
> de software libre, mais non me decidín a dar o paso até hai pouco. Estiven
> traballando nas cadeas que quedaban por traducir de
> wget<https://translations.launchpad.net/ubuntu/raring/+source/wget/+pots/wget/gl/+translate>e,
> se considerades que cumpro os requisitos, gustaríame formar parte do
> Ubuntu Galician Translators e colaborar na medida do posíbel nas tarefas de
> tradución :)
> Fico á espera da vosa resposta.
> Un saúdo
> --
> Luz
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl



Fixen unha revisión da tradución realizada por Luz e considero que é
unha excelente candidata para formar parte oficialmente do UGT.
Agardo que os administradores (Fran Diéguez e Miguel Bouzada) poidan
darlle unha resposta canto antes para que así as traducións que vai
facendo (en pouco tempo está acumulando un karma 6000).

Son consciente de que Miguel Bouzada pediu o relevo desta
responsabilidade. A ver se entre os novos membros e co apoio de Felipe
Xil (antigo coordinador) se pode retomar a actualización da
administración do grupo.

@ Luz,

Fixeches a petición nesta ligazón, para que lles apareza aos
administradores do equipo a túa conta como pendente de activación

https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join

É que non te vexo e penso que é un fallo do sistema Launchpad. Cando
alguén solicita unirse ao grupo, a lista de correo debería recibir un
correo pero son cousas independentes (a lista e a plataforma
launchpad). Por iso no UGT constan 25 membros pendentes de entrar
mentres que na lista apenas hai presentacións de novos membros.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list