[Tradutores-Ubuntu] Alta tradutores Ubuntu galego

Boris Da Silva Perez borisdsp at gmail.com
Thu Aug 8 21:26:13 UTC 2013


Pois creo que non son eu, eu levo apuntado xa uns anos. Ademais xa teño
feito algunhas traducciones ainda que non moi boas. Recomendacions mais
ben. E de momento non me sinto capacitado para ser un traductor mais polo
meu mal dominio do galego.


2013/8/8 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>

> Benvido ao Grupo de tradución ao galego, por estes lares tes a xente de
> diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na
> localización ao galego de Ubuntu.
>
> Recibimos unha solicitude de admisión do usuario «Dio82 (ourensan)»,
> entendo que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes
> de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións
> para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no
> caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os
> consensos que temos estabelecidos.
>
> Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o noso
> wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás
> atopar
> información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós procurámosche un
> aplicativo co que poidas comezar a traducir.  Aló tamén tes ligazóns a
> recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que
> leas.
>
> Non esquezas apuntarte na lista do grupo.
>
> É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), xa
> que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor
> información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, estilo,
> etc.
>
> Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se
> traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un
> aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará
> que te inicies moito máis rápido.
>
> Unha vez teñamos claro (os admin do grupo) que segues os acordo e que tes
> un nivel aceptable de galego e de coñecementos da terminoloxía,
> promoverémoste ao nivel de «tradutor»
>
> Ánimo e a facer suxestións.
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects»
> http://www.documentfoundation.org/foundation/members
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list