[Tradutores-Ubuntu] Alta tradutores Ubuntu galego

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Thu Aug 8 15:15:31 UTC 2013


Benvido ao Grupo de tradución ao galego, por estes lares tes a xente de
diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na
localización ao galego de Ubuntu.

Recibimos unha solicitude de admisión do usuario «Dio82 (ourensan)»,
entendo que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes
de admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións
para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no
caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os
consensos que temos estabelecidos.

Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o noso
wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás atopar
información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós procurámosche un
aplicativo co que poidas comezar a traducir.  Aló tamén tes ligazóns a
recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que
leas.

Non esquezas apuntarte na lista do grupo.

É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), xa
que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor
información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, estilo,
etc.

Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se
traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un
aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará
que te inicies moito máis rápido.

Unha vez teñamos claro (os admin do grupo) que segues os acordo e que tes
un nivel aceptable de galego e de coñecementos da terminoloxía,
promoverémoste ao nivel de «tradutor»

Ánimo e a facer suxestións.
-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list