[Tradutores-Ubuntu] Cambio de shell para a 11.04

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Wed Oct 27 11:18:12 BST 2010


Estou totalmente de acordo contigo porén deberías escribir isto nun dos
bugs de launchpad.

Pode que sexa moi aclaratorio.

Ou incluso eu enviaríallo a Jono Bacon. Existen bastantes precedentes en
Ubuntu en que certas decisións «polas bravas» se tumbaron por opinións
da comunidade.

Saúdos
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu
Trasno Association (www.trasno.net) 

O Mér, 27-10-2010 ás 12:11 +0200, Anton Meixome escribiu:
> 2010/10/27 damufo <damufo at gmail.com>:
> >
> >
> > En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu:
> >> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software
> >> Libre.
> >>
> >> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME
> >> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME.
> >>
> >> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence
> >> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo
> >> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell.
> >>
> >> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con
> >> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell.
> >>
> >> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este
> >> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos
> >> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos
> >> hoxe en día...
> >>
> >> Saúdos
> >
> > E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!!
> > Non entendo esta decisión.
> > En fin...
> >
> 
> Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos
> expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non
> falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei
> que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por
> exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de
> instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de
> difusión social, por exemplo. Compensa?
> 
> Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen
> preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha
> decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado
> unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por
> que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar
> sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que
> Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración
> sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos.
> 
> Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo
> estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de
> Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia
> (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai
> que repensar dirección de traballo.
> 
> Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido.
> 
> Antón
> 
> 
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> 
> 
> 
> -- 
> Leader of openOffice.org GL
> http://gl.openoffice.org
> 




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list