[Tradutores-Ubuntu] Cambio de shell para a 11.04
damufo
damufo at gmail.com
Wed Oct 27 12:15:29 BST 2010
Boas
En 2010/10/27 12:11, Anton Meixome escribiu:
> 2010/10/27 damufo<damufo at gmail.com>:
>>
>>
>> En 2010/10/27 10:16, Fran Dieguez escribiu:
>>> Cambio ningún, hoxe en día Unity está traducido ao galego e é Software
>>> Libre.
>>>
>>> Que cambien a Unity non supón máis que cambiar un aplicativo de GNOME
>>> (GNOME Shell), o resto de aplicativos forman parte de GNOME.
>>>
>>> A min este cambio de paradigma nas interfaces de usuario non me convence
>>> nada, ademais de ser moi moi arriscado. Conste que non me sinto cómodo
>>> tanto co cambio de paradigma de Unity como co de GNOME Shell.
>>>
>>> Cicais o que poida supoñer a killer feature sexa a integración total con
>>> Zeitgeist tanto de Unity como de GNOME Shell.
>>>
>>> Veremos como avanzan os acontecementos e como nos adaptamos a este
>>> cambio tan grande no noso escritorio. Quero entender que en 2 anos
>>> estaremos preguntándonos como puidemos traballar na interface que temos
>>> hoxe en día...
>>>
>>> Saúdos
>>
>> E isto cando está a piques de saír o Gnome 3.0!!
>> Non entendo esta decisión.
>> En fin...
>>
>
> Máis que o feito en si, a min o que me preocupa é que esteamos
> expostos a decisións estratéxicas nas que non temos peso ningún. Non
> falo de usuarios, falo da comunidade de tradutores de Ubuntu (xa sei
> que permanece a opción de elixir escritorio para o usuario). Por
> exemplo iso chafa iniciativas como o desenvolvemento de manuais de
> instalación, ou a solidez dun proceso de migración institucional ou de
> difusión social, por exemplo. Compensa?
>
> Poño outro exemplo: Ubuntu cambia OOo.org por Libreoffice sen
> preguntar nada, a ninguén, e iso, aínda que nese caso sexa unha
> decisión de caixón, ten que ser asumido así, como feito consumado
> unilateral. Hai moitas razóns para apoiar ese cambio en Ubuntu... por
> que non se informa delas? Por que se actúa polas bravas sen intentar
> sequera un convencemento, unha dirección racional? Non me molesta que
> Canonical teña a iniciativa pero si me molesta a desconsideración
> sobre o traballo voluntario... como se fósemos empregados ou súbditos.
>
> Sinto que así resulta difícil crer que podemos controlar o esforzo
> estratéxico da comunidade galega de priorización dun escritorio, o de
> Ubuntu, por ser o máis accesible. O único positivo é que se anuncia
> (daquela maneira) con bastante tempo de anticipación. Ao mellor hai
> que repensar dirección de traballo.
>
> Gustaríame ver as vosas ideas neste sentido.
>
> Antón
>
Boas:
En xeral concordo.
Penso que hai que darlle unha oportunidade a Libreoffice pero vexo
prematuro que ubuntu xa o leve na seguinte versión, certo que non é unha
LTS aínda así penso que tería que ter esperado máis e falado o tema co
voluntariado.
Non sei se algunha vez se debateu ou falou o de centrarse ou non nunha
distribución. Nin sei se é/sería bo facelo agora.
Por outra banda eu separaría mundo empresarial/educación de particulares.
Un quere máis estabilidade que outro e polo tanto poida que
distribucións distintas, ou non, xa que para iso están as LTS.
Sinto non ter ideas.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list