[Tradutores-Ubuntu] Construción 'Fai xxx segundos'

Antón Méixome certima at certima.net
Thu May 20 19:02:04 BST 2010


2010/5/20 Román <roman.pena.perez at gmail.com>

> 2010/5/20 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> > El 20 de mayo de 2010 15:29, antiparvos <marcoslansgarza at gmail.com
> >escribió:
> >
> >> Ola, se non lembro mal, coido que as construcións do estilo 'Fai xxx
> >> segundos' son incorrectas, penso que se debera escribir 'Hai xxx
> >> segundos'. Se isto é así deixo as grallas seguintes pero creo que están
> >> moi xeralizadas.
> >>
> >> tomboy
> >> fai x días-->hai x días
> >> http://tinyurl.com/39yrag6
> >>
> >> transmission
> >> fai
> >> http://tinyurl.com/2w42bxl
> >>
> >
> > Certo, corrixo o que é erro meu,  tomboy deixollo á xente de gnome
> >
> > --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
>  Hola,
>
>  A min, o último que me aprenderan no instituto (pre-normativa 2003) é
> que se usa "hai xxx días" cando xxx é un tempo vago, indeterminado, e
> que en cambio hai que empregar "fai xxx días" cando é un tempo ben
> determinado; por exemplo: "arranxeiche iso fai dous días", pero
> "aqueleiche os papeis hai un par de semanas" (tamén valería "fai",
> neste segundo caso, se fosen exactamente dúas semanas).
>  Ben é certo que sempre me pareceu un chisco artificial, e coido que
> nunca escoitei a unha persoa concreta usa-las dúas formas, segundo o
> caso (normalmente, ou sempre "fai", indistintamente, ou sempre "hai").
> Algunha vez mesmo pensei que era unha cousa "meid-in o'profe", e que a
> normativa nunca tal dixera.
>  Algún dos lingüistas que hai na lista podería sacarme de dúbidas, se
> non é moito pedir?
>
>  Saúdos,
>  Román
>
>
Confírmocho. Non é ningún invento:

«Haiche moito que non o vexo...fará oito anos para setembro»

Aí tes os dous. Non me digas que che soa artificial.



> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list