[Tradutores-Ubuntu] Construción 'Fai xxx segundos'

Román roman.pena.perez at gmail.com
Thu May 20 23:28:30 BST 2010


2010/5/20 Antón Méixome <certima at certima.net>:
> 2010/5/20 Román <roman.pena.perez at gmail.com>
>
>> 2010/5/20 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>> > El 20 de mayo de 2010 15:29, antiparvos <marcoslansgarza at gmail.com
>> >escribió:
>> >
>> >> Ola, se non lembro mal, coido que as construcións do estilo 'Fai xxx
>> >> segundos' son incorrectas, penso que se debera escribir 'Hai xxx
>> >> segundos'. Se isto é así deixo as grallas seguintes pero creo que están
>> >> moi xeralizadas.
>> >>
>> >> tomboy
>> >> fai x días-->hai x días
>> >> http://tinyurl.com/39yrag6
>> >>
>> >> transmission
>> >> fai
>> >> http://tinyurl.com/2w42bxl
>> >>
>> >
>> > Certo, corrixo o que é erro meu,  tomboy deixollo á xente de gnome
>> >
>> > --
>> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> >> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>> >>
>> > --
>> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>> >
>>
>>  Hola,
>>
>>  A min, o último que me aprenderan no instituto (pre-normativa 2003) é
>> que se usa "hai xxx días" cando xxx é un tempo vago, indeterminado, e
>> que en cambio hai que empregar "fai xxx días" cando é un tempo ben
>> determinado; por exemplo: "arranxeiche iso fai dous días", pero
>> "aqueleiche os papeis hai un par de semanas" (tamén valería "fai",
>> neste segundo caso, se fosen exactamente dúas semanas).
>>  Ben é certo que sempre me pareceu un chisco artificial, e coido que
>> nunca escoitei a unha persoa concreta usa-las dúas formas, segundo o
>> caso (normalmente, ou sempre "fai", indistintamente, ou sempre "hai").
>> Algunha vez mesmo pensei que era unha cousa "meid-in o'profe", e que a
>> normativa nunca tal dixera.
>>  Algún dos lingüistas que hai na lista podería sacarme de dúbidas, se
>> non é moito pedir?
>>
>>  Saúdos,
>>  Román
>>
>>
> Confírmocho. Non é ningún invento:
>
> «Haiche moito que non o vexo...fará oito anos para setembro»
>
> Aí tes os dous. Non me digas que che soa artificial.
>
>

 Pois non, aí sóame do máis natural... con respostas así da gusto
estar subscrito a esta lista. Gracias, Antón.
 Miguel, Marcos, tede en conta este detalle ;-)

 Saúdos
 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list