[Tradutores-Ubuntu] Construción 'Fai xxx segundos'
Román
roman.pena.perez at gmail.com
Thu May 20 15:28:16 BST 2010
2010/5/20 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> El 20 de mayo de 2010 15:29, antiparvos <marcoslansgarza at gmail.com>escribió:
>
>> Ola, se non lembro mal, coido que as construcións do estilo 'Fai xxx
>> segundos' son incorrectas, penso que se debera escribir 'Hai xxx
>> segundos'. Se isto é así deixo as grallas seguintes pero creo que están
>> moi xeralizadas.
>>
>> tomboy
>> fai x días-->hai x días
>> http://tinyurl.com/39yrag6
>>
>> transmission
>> fai
>> http://tinyurl.com/2w42bxl
>>
>
> Certo, corrixo o que é erro meu, tomboy deixollo á xente de gnome
>
> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
Hola,
A min, o último que me aprenderan no instituto (pre-normativa 2003) é
que se usa "hai xxx días" cando xxx é un tempo vago, indeterminado, e
que en cambio hai que empregar "fai xxx días" cando é un tempo ben
determinado; por exemplo: "arranxeiche iso fai dous días", pero
"aqueleiche os papeis hai un par de semanas" (tamén valería "fai",
neste segundo caso, se fosen exactamente dúas semanas).
Ben é certo que sempre me pareceu un chisco artificial, e coido que
nunca escoitei a unha persoa concreta usa-las dúas formas, segundo o
caso (normalmente, ou sempre "fai", indistintamente, ou sempre "hai").
Algunha vez mesmo pensei que era unha cousa "meid-in o'profe", e que a
normativa nunca tal dixera.
Algún dos lingüistas que hai na lista podería sacarme de dúbidas, se
non é moito pedir?
Saúdos,
Román
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list