[Tradutores-Ubuntu] axuda para subir traducións

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Wed May 5 14:13:03 BST 2010


> Ola outra vez, son alamfer (Alberto Lamela).
>
> Quero preguntarvos qué pensades das traducións feitas na máquina de cada un
> para logo subilas a launchpad.
> Despois de estar probando esta semana, vexo que as veces hai problemas para
> subilas, e o que é peor, podemos estar a traballar varias persoas nas mesmas
> cadeas sen decatarnos.
>
> Eu pregunto:
> 1. Hai algunha forma de evitar isto?

Avisar na rolda por exemplo.

> 2. Pódese descargar tan só as cadeas non traducidas?
> 3. Cal pensades que é mellor forma de traducir: launchpad ou as ferramentas
> CAT para subir logo os ficheiros?

Na miña humilde opinión é mellor traballar con ferramentas CAT en
local, e enviando os ficheiros principalmente aos proxectos orixinais,
que xa collen dende alí despois os de Launchpad. Iso non quita que
tamén nós o poidamos subir a Launchpad.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list