[Tradutores-Ubuntu] axuda para subir traducións

alberto lamela albertolamela at gmail.com
Wed May 5 13:56:03 BST 2010


Ola outra vez, son alamfer (Alberto Lamela).

Quero preguntarvos qué pensades das traducións feitas na máquina de cada un
para logo subilas a launchpad.
Despois de estar probando esta semana, vexo que as veces hai problemas para
subilas, e o que é peor, podemos estar a traballar varias persoas nas mesmas
cadeas sen decatarnos.

Eu pregunto:
1. Hai algunha forma de evitar isto?
2. Pódese descargar tan só as cadeas non traducidas?
3. Cal pensades que é mellor forma de traducir: launchpad ou as ferramentas
CAT para subir logo os ficheiros?

Un Saúdo
Alberto Lamela

2010/5/5 alberto lamela <albertolamela at gmail.com>

> Moitas grazas, penso que xa atopei a solución
>
> alamfer
> Alberto Lamela
>
> 2010/5/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>
>
> >> Un saúdo a todos,
>> >>
>> >> Quero pedir axuda sobre cómo subir ficheiros de tradución.
>> >>
>> >> Hai pouco decidinme a traducir no meu pc usando o programa OmegaT. Todo
>> foi
>> >> ben, é máis rápido, tes maior produtividade e todo o que ti queiras
>> pero
>> >> cando subo os ficheiros, launchpad respóndeme dicindo que hai erros e
>> non
>> >> se
>> >> poden cargar.
>> >>
>> >> Esta é a mensaxe que recibo: Line 19: Could not decode input from
>> UTF-8.If
>> >> you use gettext, you can check your file for correct formatting with
>> >> the 'msgfmt -c' command. Please fix any errors raised by msgfmt and
>> >> upload the file again. If you check the file and you don't find any
>> >> error in it, please look for an answer or file a question at
>> >>
>> >> Alguén me pode dicir ónde podo atopar axuda sobre o gettext?
>> >>
>> >
>> > Se te fixas no .po, a liña 19 dice:
>> >  "Content-Transfer-Encoding: 8bit\n"
>> > Probeblemente OmegaT non estea configurado para codificar en UTF-8,
>> revisao
>>
>> Se che segue dando erros envíanos o ficheiro para ver que pasa.
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list