[Tradutores-Ubuntu] axuda para subir traducións

Fran Diéguez listas at mabishu.com
Wed May 5 17:18:20 BST 2010


Sen dúbida usar ferramentas CAT en local é moito mellor para incrementar
o nivel das localizacións.

Eu recomendaríache que antes de poñerte a traducir en Launchpad miraras
se ese ficheiro pertence a un proxecto superior. P.ex. se queres
traducir empathy ou completalo podes ver que pertence ao proxecto GNOME
(do que eu son o coordinador) e alí poden orientarche cal é a mellor
forma de traducir.

Sen dúbida que teñas predisposición para traducir en local xa di de ti
que non es un principiante e que coñeces o ámbito no que te moves.

Calquera pregunta estamos por aquí

--
Fran Diéguez
fran.dieguez at ubuntu.com
http://launchpad.net/~frandieguez

O Mér, 05-05-2010 ás 15:13 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> > Ola outra vez, son alamfer (Alberto Lamela).
> >
> > Quero preguntarvos qué pensades das traducións feitas na máquina de cada un
> > para logo subilas a launchpad.
> > Despois de estar probando esta semana, vexo que as veces hai problemas para
> > subilas, e o que é peor, podemos estar a traballar varias persoas nas mesmas
> > cadeas sen decatarnos.
> >
> > Eu pregunto:
> > 1. Hai algunha forma de evitar isto?
> 
> Avisar na rolda por exemplo.
> 
> > 2. Pódese descargar tan só as cadeas non traducidas?
> > 3. Cal pensades que é mellor forma de traducir: launchpad ou as ferramentas
> > CAT para subir logo os ficheiros?
> 
> Na miña humilde opinión é mellor traballar con ferramentas CAT en
> local, e enviando os ficheiros principalmente aos proxectos orixinais,
> que xa collen dende alí despois os de Launchpad. Iso non quita que
> tamén nós o poidamos subir a Launchpad.
> 





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list