[Tradutores-Ubuntu] GUFW
damufo
damufo at gmail.com
Thu Mar 25 07:50:37 GMT 2010
Boas:
En 2010/03/24 18:40, Miguel Bouzada escribiu:
> Non creo que sexa cuestión de consenso, xa que o consenso debe acadarse
> cando hai alternativas ou dúbidas, o que en inglés se chama firewal, en
> castelan cortafuegos, en galego chamase devasa e só devasa, non hai dúbida
> ningunha.
>
> 2010/3/24 Enrique Estévez Fernández<keko.gl at gmail.com>
>
>> Ola.
>>
>> Vou a traducir agora mesmo esas catro cadeas.
>>
>> A palabra firewall non a estou a traducir, xa que non hai consenso con
>> ela e a min non me acaba de convencer nin devasa nin cortalumes.
>>
Precisamente ese tipo de decisións fai que firewall se extenda en
detrimento das traducións ao galego, que neste caso parece que son
varias. Para min sería como dicir que como non hai consenso se poñer
fiestra, xanela, ou ventá pois poñemos window (non sei se me
arrepentirei de dicir isto).
Neste caso hai máis dunha posibilidade, entendo que o mellor é optar por
unha e cando haxa acordo, se é que non o hai, mudase polo termo elixido.
>> Cando exista un consenso (que ao mellor haino e non o sei) actualizo a
>> tradución e métoa no meu glosario terminolóxico.
>>
>> Saúdos.
>>
>> 2010/3/24 Miguel Bouzada<mbouzada at gmail.com>:
>>> E, xa de paso, unificar o termo firewall → devasa, hai algún "cortalumes"
>> e
>>> algun "firewal" (sen traducir)
>>>
>>>
>>> 2010/3/24 Felipe Gil Castiñeira<felipexil at gmail.com>
>>>
>>>> Boas,
>>>>
>>>> Pídeme Marcos Álvarez Costales (do equipo asturiano), que é o
>> desenvolvedor
>>>> principal de GUFW, se podemos completar a tradución (
>>>> https://edge.launchpad.net/~gufw-developers<https://edge.launchpad.net/%7Egufw-developers>
>> <https://edge.launchpad.net/%7Egufw-developers>).
>>>> Realmente só faltan 4 cadeas.
>>>>
>>>> Keko: creo que te encargaches ti desta tradución, ¿poderíala completar?
>>>>
>>>> Graciñas e un saúdo!
>>>> Felipe.
>>>> --
>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>
>>> --
>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list