[Tradutores-Ubuntu] GUFW

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Wed Mar 24 18:33:11 GMT 2010


2010/3/24 Enrique Estévez Fernández <keko.gl at gmail.com>

> Boas.
>
> Eu acabo de empregar o scritp que fixo Fran é a cousa está ahí.
>
> Hai poucos devasa, pero hainas. Tamén hai cortalumes e e firewall.
>

E tamén hai algun "cortafuegos" :)


>
> Eu creo que deberíamos buscar un criterio para esto. É importante, xa
> que non se emprega moito pero non pode aparecer de corenta formas e
> menos que non coincidamos, xa que no Manual de Ubuntu vai ir e ten que
> coincidir o que pomos na interface co que vai no manual.
>
> A min tocame a moral que a xente estea a traducir no manual e non se o
> tome en serio. Eu pódome equivocar e pasa bastante xa que  o meu nivel
> de inglés non é moi bo e son novato, pero se encontro a que se refire
> o manual vou a interface e busco como está traducida esa cadea para
> que cando alguén o empregue lle coincida e lle sirva de algo.
>
> Poño o exemplo de que ou outro día vin que alguén traduciu gateway por
> pasarela


Hai moito que se está a empregar "pasarela", o manual creo que é máis
recente


> e no networkmanager que é ao que se refire esa cadea no
> Manual de Ubuntu está traducido como porta de enlace, co que non hai
> discusión. Hai que seguir ese criterio ou dar aviso e mira de revisar
> a tradución do Networkmanager, pero non podemos por diferentes
> conceptos, xa que así o manual non vai a servir de axuda a xente.
>
> A min non me importaría traducilo por devasa, eu sonvos un mandadiño e
> acato e cumpro ao pé da letra.
>
> Saúdos.
>
> 2010/3/24 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
> >> Con respecto ao do Firewall por devasa. Non vou dicir que é a primeira
> >> vez que o vexo pero sempre emprego firewall. Gustar, gustame máis
> >> cortalumes, pero seguramente non exista e sexa unha tradución literal
> >> de cortafuegos do castelán.
> >>
> >> Eso si, creo que con este termo pode pasar algo parecido ao que pasa
> >> con stack, que ao mellor a solución máis idónea e deixalo sen traducir
> >> polo asentado do termo, xa que se falas dun firewall todo o mundo sabe
> >> do que se está a falar, e con devasa ao mellor non.
> >
> > Home eu nunca vin que ninguén aceptara "cortalumes". Os que teñen algo
> > de idea do tema sempre dixeron que "devasa", que por outra parte é
> > algo que nunca vira ata chegar a isto da tradución. Tamén comentei que
> > polo visto todo quisqui traduce como "cortalumes", unha palabra da que
> > non atopo referencia ningunha en ningún dicionario. E se non está como
> > "cortalumes" está sen traducir, pero son a menor parte das traducións.
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list