[Tradutores-Ubuntu] GUFW
Enrique Estévez Fernández
keko.gl at gmail.com
Wed Mar 24 18:16:27 GMT 2010
Boas.
Eu acabo de empregar o scritp que fixo Fran é a cousa está ahí.
Hai poucos devasa, pero hainas. Tamén hai cortalumes e e firewall.
Eu creo que deberíamos buscar un criterio para esto. É importante, xa
que non se emprega moito pero non pode aparecer de corenta formas e
menos que non coincidamos, xa que no Manual de Ubuntu vai ir e ten que
coincidir o que pomos na interface co que vai no manual.
A min tocame a moral que a xente estea a traducir no manual e non se o
tome en serio. Eu pódome equivocar e pasa bastante xa que o meu nivel
de inglés non é moi bo e son novato, pero se encontro a que se refire
o manual vou a interface e busco como está traducida esa cadea para
que cando alguén o empregue lle coincida e lle sirva de algo.
Poño o exemplo de que ou outro día vin que alguén traduciu gateway por
pasarela e no networkmanager que é ao que se refire esa cadea no
Manual de Ubuntu está traducido como porta de enlace, co que non hai
discusión. Hai que seguir ese criterio ou dar aviso e mira de revisar
a tradución do Networkmanager, pero non podemos por diferentes
conceptos, xa que así o manual non vai a servir de axuda a xente.
A min non me importaría traducilo por devasa, eu sonvos un mandadiño e
acato e cumpro ao pé da letra.
Saúdos.
2010/3/24 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
>> Con respecto ao do Firewall por devasa. Non vou dicir que é a primeira
>> vez que o vexo pero sempre emprego firewall. Gustar, gustame máis
>> cortalumes, pero seguramente non exista e sexa unha tradución literal
>> de cortafuegos do castelán.
>>
>> Eso si, creo que con este termo pode pasar algo parecido ao que pasa
>> con stack, que ao mellor a solución máis idónea e deixalo sen traducir
>> polo asentado do termo, xa que se falas dun firewall todo o mundo sabe
>> do que se está a falar, e con devasa ao mellor non.
>
> Home eu nunca vin que ninguén aceptara "cortalumes". Os que teñen algo
> de idea do tema sempre dixeron que "devasa", que por outra parte é
> algo que nunca vira ata chegar a isto da tradución. Tamén comentei que
> polo visto todo quisqui traduce como "cortalumes", unha palabra da que
> non atopo referencia ningunha en ningún dicionario. E se non está como
> "cortalumes" está sen traducir, pero son a menor parte das traducións.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list