[Tradutores-Ubuntu] GUFW

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Wed Mar 24 18:03:23 GMT 2010


> Con respecto ao do Firewall por devasa. Non vou dicir que é a primeira
> vez que o vexo pero sempre emprego firewall. Gustar, gustame máis
> cortalumes, pero seguramente non exista e sexa unha tradución literal
> de cortafuegos do castelán.
>
> Eso si, creo que con este termo pode pasar algo parecido ao que pasa
> con stack, que ao mellor a solución máis idónea e deixalo sen traducir
> polo asentado do termo, xa que se falas dun firewall todo o mundo sabe
> do que se está a falar, e con devasa ao mellor non.

Home eu nunca vin que ninguén aceptara "cortalumes". Os que teñen algo
de idea do tema sempre dixeron que "devasa", que por outra parte é
algo que nunca vira ata chegar a isto da tradución. Tamén comentei que
polo visto todo quisqui traduce como "cortalumes", unha palabra da que
non atopo referencia ningunha en ningún dicionario. E se non está como
"cortalumes" está sen traducir, pero son a menor parte das traducións.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list