[Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Tue Mar 23 09:03:12 GMT 2010


2010/3/23 Enrique Estévez Fernández <keko.gl at gmail.com>

> Ola.
>
> Estou de cordo nas correccións que suxire Manuel, eu simplemente lendo
> as mensaxes a présa que me solta o computador decateime deses posíbeis
> erros que comento e saquei a captura da pantalla para arroxar algo de
> claridade onde podía estar o erro.
>
> As melloras que propón Manuel creo que son axeitadas e necesarias.
>
> Con respecto ao fío no que vin o de soporte por medio non o encontro.
> Quen sabe, ao mellor nin sequera existe e eu estou mesturando algunha
> outra cousa, pero por se acaso comenteino.
>
> Bo traballo Miguel, localizando as cadeas para poder corrixilas. Meu,
> estás feito un crack, non sei como carallo fas para encontralas.
>

Moi sinxelo, nunha instalación de "lucid" (neste caso nunha MV) abro un
terminal e fago unha busca coa seguinte orde:

$ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l
'Cadea-exacta-a-buscar-sensíbel-a-maiúsculas'

Por exemplo:
$ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l 'Descargar e
instalar a anovación'

O que me vai a indicar en que .mo do sistema está esa cadea

/usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/update-manager.mo

(Con algunhas cadeas pode aparecer en máis de unha, pero ao facer a busca co
erro, poñamos "Aconteceu un erro durante a *instalacón*" case seguro que só
nos aprecerá unha, se aparece en máis e que hai máis erros dos agardados)

Co que xa só teño que buscar en launchpad "update-manager" e nel buscar
"Descargar e instalar a anovación"

Corrixir e envorcar a corrección.


> Saúdos.
>
> 2010/3/22 Manuel Souto Pico <m.soutopico at gmail.com>:
> > Ola!
> >
> > 2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <eu at keko.me>
> >
> >> Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu.
> >>
> >> Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba
> >> de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte,
> >> senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba
> >> de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería
> >> concretamente a soporte dixital, debería ser medio.
> >>
> >
> > Podes dar o asunto dese fío?
> >
> > Exactamente en que acepción de "medio" en galego (e en que dicionario)
> estás
> > pensando cando dis iso?
> >
> > A acepción de "soporte" que parece que se adecúa perfectamente a esa
> > tradución é:
> > *3****s* *m* *INFORM*** Medio físico que se emprega para gravar
> información
> > (digalego)
> >
> > Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:
> >
> > *Elixir que aplicativo hai que executar. > Elixe/Elixa que aplicativo hai
> > que executar.
> >
> > Inconsistencia de formalidade:
> >
> > Acaba de inserir... (2ª persoa formal) vs. Selecciona... (2ª persoa
> > informal)
> >
> > ( acaba & seleccione ) | ( acabas & selecciona )
> >
> >
> > Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O
> >> sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a
> >> tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes.
> >>
> >
> > É correctísimo, só tes que consultar calquera dicionario ou o VOLGA para
> > comprobalo. Porén, estou de acordo coa suxestión de Leandro (non para
> evitar
> > o verbo ficar, senón pola construción en si).
> >
> >>
> >> Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va
> >> na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas
> >> postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que
> >> pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu
> >> da mensaxe.
> >>
> >
> > Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:
> >
> > Proporciona *notificiacións relacionadas co disco > Proporciona
> > notificacións relacionadas co disco
> >
> > Non se pasou o corrector ortográfico? ;)
> >
> > Presumíbel inconsistencia (3ª persoa vs. Infinitivo vs. 2ª persoa
> formal):
> >
> > Proporciona... / Asegura... vs. Comprobar... vs. Configure
> >
> > Supoño que neste caso todos deberían ser 3ª persoa, ou 2ª.
> >
> >
> >
> >> Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu
> >> cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai
> >> cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si
> >> unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece
> >> dispoñible e debería aparecer dispoñíbel.
> >>
> >
> >> Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes
> >> comprobar que no queda ben o que di.
> >>
> >> Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ...
> >>
> >> Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e
> >> separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode,
> >> pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario.
> >>
> >>
> > Eu diría que faltan os puntos a final de frase.
> >
> > Tamén vexo:
> >
> > x horas y minutos > x horas *e* y minutos
> > x día y horas > x día *e* y horas
> >
> > e tamén varios espazos duplos antes desas cifras.
> >
> > Non é moi importante pero expreso a miña dúbida (non teño o orixinal)
> sobre:
> >
> > Para instalar software e actualizacións de fontes engadidas hai pouco ou
> > modificadas terá que recargar a información sobre o software dispoñible.
> >
> > Igual está ben pero pode ser "de fontes engadidas ou modificadas hai
> pouco"
> > ?
> >
> > Un saúdo, Manuel
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list