[Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu

Enrique Estévez Fernández keko.gl at gmail.com
Tue Mar 23 08:45:27 GMT 2010


Ola.

Estou de cordo nas correccións que suxire Manuel, eu simplemente lendo
as mensaxes a présa que me solta o computador decateime deses posíbeis
erros que comento e saquei a captura da pantalla para arroxar algo de
claridade onde podía estar o erro.

As melloras que propón Manuel creo que son axeitadas e necesarias.

Con respecto ao fío no que vin o de soporte por medio non o encontro.
Quen sabe, ao mellor nin sequera existe e eu estou mesturando algunha
outra cousa, pero por se acaso comenteino.

Bo traballo Miguel, localizando as cadeas para poder corrixilas. Meu,
estás feito un crack, non sei como carallo fas para encontralas.

Saúdos.

2010/3/22 Manuel Souto Pico <m.soutopico at gmail.com>:
> Ola!
>
> 2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <eu at keko.me>
>
>> Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu.
>>
>> Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba
>> de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte,
>> senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba
>> de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería
>> concretamente a soporte dixital, debería ser medio.
>>
>
> Podes dar o asunto dese fío?
>
> Exactamente en que acepción de "medio" en galego (e en que dicionario) estás
> pensando cando dis iso?
>
> A acepción de "soporte" que parece que se adecúa perfectamente a esa
> tradución é:
> *3****s* *m* *INFORM*** Medio físico que se emprega para gravar información
> (digalego)
>
> Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:
>
> *Elixir que aplicativo hai que executar. > Elixe/Elixa que aplicativo hai
> que executar.
>
> Inconsistencia de formalidade:
>
> Acaba de inserir... (2ª persoa formal) vs. Selecciona... (2ª persoa
> informal)
>
> ( acaba & seleccione ) | ( acabas & selecciona )
>
>
> Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O
>> sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a
>> tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes.
>>
>
> É correctísimo, só tes que consultar calquera dicionario ou o VOLGA para
> comprobalo. Porén, estou de acordo coa suxestión de Leandro (non para evitar
> o verbo ficar, senón pola construción en si).
>
>>
>> Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va
>> na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas
>> postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que
>> pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu
>> da mensaxe.
>>
>
> Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:
>
> Proporciona *notificiacións relacionadas co disco > Proporciona
> notificacións relacionadas co disco
>
> Non se pasou o corrector ortográfico? ;)
>
> Presumíbel inconsistencia (3ª persoa vs. Infinitivo vs. 2ª persoa formal):
>
> Proporciona... / Asegura... vs. Comprobar... vs. Configure
>
> Supoño que neste caso todos deberían ser 3ª persoa, ou 2ª.
>
>
>
>> Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu
>> cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai
>> cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si
>> unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece
>> dispoñible e debería aparecer dispoñíbel.
>>
>
>> Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes
>> comprobar que no queda ben o que di.
>>
>> Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ...
>>
>> Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e
>> separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode,
>> pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario.
>>
>>
> Eu diría que faltan os puntos a final de frase.
>
> Tamén vexo:
>
> x horas y minutos > x horas *e* y minutos
> x día y horas > x día *e* y horas
>
> e tamén varios espazos duplos antes desas cifras.
>
> Non é moi importante pero expreso a miña dúbida (non teño o orixinal) sobre:
>
> Para instalar software e actualizacións de fontes engadidas hai pouco ou
> modificadas terá que recargar a información sobre o software dispoñible.
>
> Igual está ben pero pode ser "de fontes engadidas ou modificadas hai pouco"
> ?
>
> Un saúdo, Manuel
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list