[Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu
Manuel Souto Pico
m.soutopico at gmail.com
Mon Mar 22 22:07:51 GMT 2010
Ola!
2010/3/22 Enrique Estévez Fernández <eu at keko.me>
> Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu.
>
> Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea "Acaba
> de inserir un soporte con fotos dixitais". Non debería ser soporte,
> senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba
> de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería
> concretamente a soporte dixital, debería ser medio.
>
Podes dar o asunto dese fío?
Exactamente en que acepción de "medio" en galego (e en que dicionario) estás
pensando cando dis iso?
A acepción de "soporte" que parece que se adecúa perfectamente a esa
tradución é:
*3****s* *m* *INFORM*** Medio físico que se emprega para gravar información
(digalego)
Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:
*Elixir que aplicativo hai que executar. > Elixe/Elixa que aplicativo hai
que executar.
Inconsistencia de formalidade:
Acaba de inserir... (2ª persoa formal) vs. Selecciona... (2ª persoa
informal)
( acaba & seleccione ) | ( acabas & selecciona )
Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea "O
> sistema está a ficar sen batería". Non sei se é correcto de todo a
> tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes.
>
É correctísimo, só tes que consultar calquera dicionario ou o VOLGA para
comprobalo. Porén, estou de acordo coa suxestión de Leandro (non para evitar
o verbo ficar, senón pola construción en si).
>
> Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va
> na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, "Asegura que as alarmas
> postas en Evolution se apaquen o momento axeitado". Paréceme ler que
> pon "apaquen" e debería ser "apaguen", na interpretación que fago eu
> da mensaxe.
>
Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:
Proporciona *notificiacións relacionadas co disco > Proporciona
notificacións relacionadas co disco
Non se pasou o corrector ortográfico? ;)
Presumíbel inconsistencia (3ª persoa vs. Infinitivo vs. 2ª persoa formal):
Proporciona... / Asegura... vs. Comprobar... vs. Configure
Supoño que neste caso todos deberían ser 3ª persoa, ou 2ª.
> Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu
> cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai
> cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si
> unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece
> dispoñible e debería aparecer dispoñíbel.
>
> Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes
> comprobar que no queda ben o que di.
>
> Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ...
>
> Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e
> separadas por comas e a última pola conxunción "e". Non sei se pode,
> pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario.
>
>
Eu diría que faltan os puntos a final de frase.
Tamén vexo:
x horas y minutos > x horas *e* y minutos
x día y horas > x día *e* y horas
e tamén varios espazos duplos antes desas cifras.
Non é moi importante pero expreso a miña dúbida (non teño o orixinal) sobre:
Para instalar software e actualizacións de fontes engadidas hai pouco ou
modificadas terá que recargar a información sobre o software dispoñible.
Igual está ben pero pode ser "de fontes engadidas ou modificadas hai pouco"
?
Un saúdo, Manuel
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list