[Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Tue Mar 23 12:17:58 GMT 2010


>> Estou de cordo nas correccións que suxire Manuel, eu simplemente lendo
>> as mensaxes a présa que me solta o computador decateime deses posíbeis
>> erros que comento e saquei a captura da pantalla para arroxar algo de
>> claridade onde podía estar o erro.
>>
>> As melloras que propón Manuel creo que son axeitadas e necesarias.

Concordo.

>> Con respecto ao fío no que vin o de soporte por medio non o encontro.
>> Quen sabe, ao mellor nin sequera existe e eu estou mesturando algunha
>> outra cousa, pero por se acaso comenteino.
>>
>> Bo traballo Miguel, localizando as cadeas para poder corrixilas. Meu,
>> estás feito un crack, non sei como carallo fas para encontralas.
>
> Moi sinxelo, nunha instalación de "lucid" (neste caso nunha MV) abro un
> terminal e fago unha busca coa seguinte orde:
>
> $ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l
> 'Cadea-exacta-a-buscar-sensíbel-a-maiúsculas'
>
> Por exemplo:
> $ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l 'Descargar e
> instalar a anovación'
>
> O que me vai a indicar en que .mo do sistema está esa cadea
>
> /usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/update-manager.mo
>
> (Con algunhas cadeas pode aparecer en máis de unha, pero ao facer a busca co
> erro, poñamos "Aconteceu un erro durante a *instalacón*" case seguro que só
> nos aprecerá unha, se aparece en máis e que hai máis erros dos agardados)
>
> Co que xa só teño que buscar en launchpad "update-manager" e nel buscar
> "Descargar e instalar a anovación"
>
> Corrixir e envorcar a corrección.

Envorcar a corrección??



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list