[Tradutores-Ubuntu] Estado de Ubuntu
Miguel Bouzada
mbouzada at gmail.com
Mon Mar 15 12:37:41 GMT 2010
2010/3/15 Anton Méixome <meixome at certima.net>
> Impresionante rapaces. Estamos a menos dun punto porcentual
> (exactamente 0,46 %) de ter o mesmo nivel de tradución que o equipo
> catalán. En números, pouco máis de 1600 cadeas e iso que non estamos
> especialmente centrados nos últimos días en Launchpad
>
> Catalan tradución consolidada 62.44% sen traducir 124354
> Galician tradución consolidada 54.15% sen traducir 125971
>
> Xa sabemos que os cataláns, polo seu sistema de traballo, soben as
> traducións no último momento e dan o estirón, pero molaría ver o
> galego por riba e facer unha captura de pantalla para a historia (ou
> historieta). Quizais sería unha ilustración-aliciente para charlas,
> obradoiros, prensa, etc pero polo comentado antes habería que
> conseguilo agora. En calquera caso, ninguén nos quita estar de modo
> confortable entre os 20 equipos máis completos e con 4 ou 5 tradutores
> máis que podamos convocar, poderiamos aspirar incluso a máis.
>
> @Miguel: poderías poñernos ao día de como van as prioridades?
>
Xa están as prioridades ordenadas na páxina de launchpad
Veredes que kde está moi destartalado, pero os tradutores de kde non ven ben
facer corrección en launchpad :( eu, de cando en vez, reviso algún e
completei todo amarok, os tres ou catro ficheiros implicados que enviei a
branco, (hai uns dias apareceron cadeas novas e estou con elas) e algunha
que outra cousa como os dous de digikam do que xa enviei os .po a branco
e despois, xa case rematei o gutenprint (faltanme duas liñas de a folio e
medio cada unha :( e sito está co xscreensaver
Tamén estou a piques de rematar a revisión "total" de dpkg
Ide polo aplicativo 800 (máis ou menos) e de ahí en diante hai cousas
pendentes...
O outro día falabas do "calibre" e polo que vin meticheste nel... pero hai
un tradutor que só traballa en trunk que non precisa revisión e cargouse
cousas que tiñas feitas ti (por certo moi bonitas) e machacou o traballo,
como tamen machaca o transmission, que eu teño ao 100%, pero que el cambia
como lle peta. É o problema de traducir en trunk, creo que non paga a pena,
a non ser que sexan proxectos moi especiais...
> Saúdos,
>
> Antón Méixome
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list