[Tradutores-Ubuntu] Estado de Ubuntu

Anton Méixome meixome at certima.net
Mon Mar 15 11:15:01 GMT 2010


Impresionante rapaces. Estamos a menos dun punto porcentual
(exactamente 0,46 %) de ter o mesmo nivel de tradución que o equipo
catalán. En números, pouco máis de 1600 cadeas e iso que non estamos
especialmente centrados nos últimos días en Launchpad

Catalan   	tradución consolidada	62.44% 	 sen traducir	124354
Galician 	tradución consolidada 54.15%  	sen traducir	125971

Xa sabemos que os cataláns, polo seu sistema de traballo, soben as
traducións no último momento e dan o estirón, pero molaría ver o
galego por riba e facer unha captura de pantalla para a historia (ou
historieta). Quizais sería unha ilustración-aliciente para charlas,
obradoiros, prensa, etc pero polo comentado antes habería que
conseguilo agora. En calquera caso, ninguén nos quita estar de modo
confortable entre os 20 equipos máis completos e con 4 ou 5 tradutores
máis que podamos convocar, poderiamos aspirar incluso a máis.

@Miguel: poderías poñernos ao día de como van as prioridades?

Saúdos,

Antón Méixome



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list