[Tradutores-Ubuntu] pestana ??
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Sun Jun 6 12:54:48 BST 2010
2010/6/4 damufo <damufo at gmail.com>:
> Boas:
>
> En 2010/06/04 18:20, Leandro Regueiro escribiu:
>> A ver, non estamos rompendo ningún consenso, nin estamos rachando co
>> resultado de ningunha discusión xa finalizada, nin se discutiu como se
>> debería. E sobre todo en ningún sitio quedou fixado e con todas as
>> razóns que levaron a unha determinada escolla. Para isto se fixo o
>> Glósima, usádeo e a ver se en pouco tempo imos fixando os sangrantes.
>> Ademais exporta a TBX, mellor imposible. Veña, crea conta xa
>> http://termos.trasno.net/
>>
>>
>> A razón que me dera Mar sobre a escolla de "separador" e que é ese
>> elemento que se usa nas carpetas ou clasificadores para separar os
>> papeis. Non sei se esta é a razón real ou non, pero paréceme razoable
>> pensar que así foi.
> Isto é o único que preguntaba.
>
> Respecto dos demais comentarios.
> Que eu saiba nunca se fixou dito termo, por iso preguntaba (poida que me
> perdera algo).
>
> Xa que a cousa se animou aproveito.
> Dáme a impresión que de que a ninguén lle gusta a escolla de separador
> para tab pero (ao mellor erro) como no seu momento certa empresa (a que
> foxe), elixiuno (sen atender a debate ningún, que eu saiba) pois agora
> está por todas partes precisamente porque os responsables das traducións
> (precisamente por resposabilidade coa que concordo) mentres non haxa
> consenso usan dito termo.
> Neste caso non se trata de reabrir nada, que eu saiba nunca se fechou
> nin se fixou tal elección. Que alguén me corrixa se me erro.
>
> Por certo, non fun quen de atopar o glosario de trasno e no glosima a
> cousa esta así:
>
> # Terminoloxía localización en-gl. > tab (en) en debate - pendente
> (En discusión)
>
> * (en) tab
> * (gl) separador
> * (gl) tabulación
> * (gl) tabulador
>
> # Glosario de Trasno > tab (en) en debate - pendente (En discusión)
>
> * (en) tab
> * (gl) lingüeta
> * (gl) separador
> * (gl) aba
Estes son os resultados do glosario de Trasno tal como estaba na wiki anterior.
> # Termos_bouzada > Tab (en) en debate - pendente (En discusión)
>
> * (en) Tab
> * (gl) Tabulador. Fita protectora. Lingüeta
>
>
> Pois nada máis, antes ou despois sería bo que se discutise esta escolla
> (se non o está). Se o está empregase separador e listo.
>
>
>>
>> Por certo, acabo de ver que "carpeta" ven no digalego como sinónimo de
>> directorio.
>>
>
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list