[Tradutores-Ubuntu] pestana ??

damufo damufo at gmail.com
Fri Jun 4 19:05:30 BST 2010


Boas:

En 2010/06/04 18:20, Leandro Regueiro escribiu:
> A ver, non estamos rompendo ningún consenso, nin estamos rachando co
> resultado de ningunha discusión xa finalizada, nin se discutiu como se
> debería. E sobre todo en ningún sitio quedou fixado e con todas as
> razóns que levaron a unha determinada escolla. Para isto se fixo o
> Glósima, usádeo e a ver se en pouco tempo imos fixando os sangrantes.
> Ademais exporta a TBX, mellor imposible. Veña, crea conta xa
> http://termos.trasno.net/
>
>
> A razón que me dera Mar sobre a escolla de "separador" e que é ese
> elemento que se usa nas carpetas ou clasificadores para separar os
> papeis. Non sei se esta é a razón real ou non, pero paréceme razoable
> pensar que así foi.
Isto é o único que preguntaba.

Respecto dos demais comentarios.
Que eu saiba nunca se fixou dito termo, por iso preguntaba (poida que me 
perdera algo).

Xa que a cousa se animou aproveito.
Dáme a impresión que de que a ninguén lle gusta a escolla de separador 
para tab pero (ao mellor erro) como no seu momento certa empresa (a que 
foxe), elixiuno (sen atender a debate ningún, que eu saiba) pois agora 
está por todas partes precisamente porque os responsables das traducións 
(precisamente por resposabilidade coa que concordo) mentres non haxa 
consenso usan dito termo.
Neste caso non se trata de reabrir nada, que eu saiba nunca se fechou 
nin se fixou tal elección. Que alguén me corrixa se me erro.

Por certo, non fun quen de atopar o glosario de trasno e no glosima a 
cousa esta así:

#  Terminoloxía localización en-gl. >  tab  (en) en debate - pendente 
(En discusión)

     * (en) tab
     * (gl) separador
     * (gl) tabulación
     * (gl) tabulador

# Glosario de Trasno > tab (en) en debate - pendente (En discusión)

     * (en) tab
     * (gl) lingüeta
     * (gl) separador
     * (gl) aba

# Termos_bouzada > Tab (en) en debate - pendente (En discusión)

     * (en) Tab
     * (gl) Tabulador. Fita protectora. Lingüeta


Pois nada máis, antes ou despois sería bo que se discutise esta escolla 
(se non o está). Se o está empregase separador e listo.


>
> Por certo, acabo de ver que "carpeta" ven no digalego como sinónimo de
> directorio.
>






More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list