[Tradutores-Ubuntu] pestana ??

Fran Diéguez listas at mabishu.com
Fri Jun 4 15:18:44 BST 2010


En GNOME estou usando separador en aras de que en Trasno se decida
consolidar unha opción.
Uso separador por que xa viña de antes cando Mancomun o traducía. Eu non
son partidario de separador para nada, de feito teño planexado (se
chegamos a consenso en Trasno) cambiar ao que se decida.

Máis tes que comprender que non podo cambiar cada versión un termo por
outro. Polo que eu digo de abrir un fío, para asentar dunha vez.

Saúdos

O Ven, 04-06-2010 ás 15:17 +0200, damufo escribiu:
> 
> Sobre separador.
> Actualmente se non me erro:
> 
> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar
> vairas 
> partes dentro dunha interface.
> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de
> navegación
> - separador: lingüeta
> 
> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están 
> dispoñibles para este uso?
> 
> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación 
> desta escolla. 




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list