[Tradutores-Ubuntu] pestana ??
José Manuel Castroagudín Silva
chavescesures at gmail.com
Fri Jun 4 15:38:02 BST 2010
2010/6/4 Enrique Estévez Fernández <keko.gl at gmail.com>:
> Boas.
>
> De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das
> traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao
> cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que
> ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos.
>
> Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que
> se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa
> está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño
> vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e
> non cada dous por tres cambiar.
>
> Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en
> principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha
> tradución diferente tratarei de normalizala por separador.
Precisamente en Mozilla, no firefox, penso que é onde hai o maior
problema co de separador: Hai dúas cousas no navegador que se
traduciron como "separador". Unha é, naquilo de "personalizar a barra
de ferramentas", un elemento que se pode meter entre dous botóns, para
separalos. O outro, cada unha das páxinas abertas simultaneamente na
mesma xanela.
Non che parece confuso/raro/erróneo isto?
(á parte de que é o programa, por excelencia, no que se empregan
lapelas/lingüetas/separadores...)
>
> O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible.
>
> Unha aperta.
>
> 2010/6/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
>> 2010/6/4 damufo <damufo at gmail.com>:
>>> Boas:
>>> Sobre separador.
>>> Actualmente se non me erro:
>>>
>>> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas
>>> partes dentro dunha interface.
>>> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación
>>> - separador: lingüeta
>>>
>>> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están
>>> dispoñibles para este uso?
>>>
>>> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación
>>> desta escolla.
>>
>> Este debate mellor no Glósima, creo eu.
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
--
Saúde,
Chaves - http://chav.es
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list