[Tradutores-Ubuntu] pestana ??
Enrique Estévez Fernández
keko.gl at gmail.com
Fri Jun 4 15:52:58 BST 2010
Boas.
Non me parece raro. Mozilla foi traducido por unha empresa e
continuado por Mancomun cun lingüista ao cargo. Non sei porque optaron
por determinadas solucións nin se se consensuaron nalgúns dos G11N,
pero o que está claro e que para manter traducido todo e coa
burocracia que hai de por medio ou coa súa forma de traballar (que
aínda descoñezo e falo do que a xente conta, xa terei tempo de
contarvos a miña experiencia), senón te pos as pilas queda sen
traducir.
Supoño que foi unha elección que barallaron no seu momento e terá o
seu razoamento, pena de non ter unha xustificación da elección, pero
aquí pasa moito, isto é España e en Galicia nese aspecto non somos moi
diferentes senón non estaríamos abrindo os debates dos termos cada
dous por tres. Aí está o glossima, ogallá nos axude a resolver este
problema.
E sei ao que te refires, nos menús, hai separadores que diferencian os
elementos dun menú especiífico dos outros, dos que ao mellor se poden
categorizar doutra forma.
O que está claro e que eu emprego os aplicativos e polo contexto
distínguense ben ambos, non hai lugar a confusión. O que está claro e
que nunca vai acabar o debate, xa que todos temos preferencias
persoais e eu vexo que a xente non quere perder as súas preferencias
con respecto ao conxunto. Aí está o debate, temos que despexar as
nosas preferencias persoais ou polo menos plegarnos ao que prefire a
maioría e non atendendo ao grupo de traducimos na comunidade galega
senón intentando englobar a academia e os recursos que hai (pese o que
nos pese).
O dito, vou a seguir atendendo ao profesor do máster e se podo atender
un novo bug en mozilla, que a ver se o soluciona coa axuda da
comunidade.
Avancemos, de verdade, avancemos que boa falta nos fai e para elo
todos temos que por da nosa parte. Pensade nas licenzas libres, no
debate cal é máis libre, se as permisivas (como a bsd) ou as robustas
(como a gpl). Son máis libres as robustas aínda que teñan esa cláusula
que che quita liberdade de pechar o produto, e sono porque miden a
liberdade en función do colectivo, do grupo e non do individuo.
Preservan a liberdade. Pois aquí o mesmo, temos que preservar a
elección do colectivo sobre as individuais, a lingua non se fai como
quere un senón como a fala a xente, prima o grupo. Bo, non raio máis.
Un saúdo.
2010/6/4 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesures at gmail.com>:
> 2010/6/4 Enrique Estévez Fernández <keko.gl at gmail.com>:
>> Boas.
>>
>> De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das
>> traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao
>> cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que
>> ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos.
>>
>> Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que
>> se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa
>> está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño
>> vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e
>> non cada dous por tres cambiar.
>>
>> Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en
>> principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha
>> tradución diferente tratarei de normalizala por separador.
>
> Precisamente en Mozilla, no firefox, penso que é onde hai o maior
> problema co de separador: Hai dúas cousas no navegador que se
> traduciron como "separador". Unha é, naquilo de "personalizar a barra
> de ferramentas", un elemento que se pode meter entre dous botóns, para
> separalos. O outro, cada unha das páxinas abertas simultaneamente na
> mesma xanela.
>
> Non che parece confuso/raro/erróneo isto?
>
> (á parte de que é o programa, por excelencia, no que se empregan
> lapelas/lingüetas/separadores...)
>
>>
>> O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible.
>>
>> Unha aperta.
>>
>> 2010/6/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
>>> 2010/6/4 damufo <damufo at gmail.com>:
>>>> Boas:
>>>> Sobre separador.
>>>> Actualmente se non me erro:
>>>>
>>>> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas
>>>> partes dentro dunha interface.
>>>> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación
>>>> - separador: lingüeta
>>>>
>>>> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están
>>>> dispoñibles para este uso?
>>>>
>>>> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación
>>>> desta escolla.
>>>
>>> Este debate mellor no Glósima, creo eu.
>>>
>>> --
>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list