[Tradutores-Ubuntu] pestana ??
Enrique Estévez Fernández
keko.gl at gmail.com
Fri Jun 4 15:16:28 BST 2010
Boas.
De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das
traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao
cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que
ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos.
Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que
se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa
está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño
vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e
non cada dous por tres cambiar.
Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en
principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha
tradución diferente tratarei de normalizala por separador.
O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible.
Unha aperta.
2010/6/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
> 2010/6/4 damufo <damufo at gmail.com>:
>> Boas:
>> Sobre separador.
>> Actualmente se non me erro:
>>
>> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas
>> partes dentro dunha interface.
>> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación
>> - separador: lingüeta
>>
>> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están
>> dispoñibles para este uso?
>>
>> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación
>> desta escolla.
>
> Este debate mellor no Glósima, creo eu.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list