[Tradutores-Ubuntu] Presentación
Mundi
mundigranja at gmail.com
Sun Feb 28 01:39:00 GMT 2010
Ola a todos:
Chámome Edmundo Granja Domínguez pero todo o mundo me chama Mundi. O meu
alcume na rede (e no Launchpad) é "mundigranja".
Levo un tempo subscrito na lista de correo pero non foi ata hoxe que
decidín presentarme. Teño feito algunha tradución no Launchpad, cadeas
soltas, pero agora mesmo dispoño de moito tempo libre polo que penso que
en algo podo axudar.
Na páxina do "Ubuntu Galician Translators" [1] menciona que :
"É necesario que mostres as túas habilidades como tradutor/a [...] Para
iso realiza unha cantidade razoable de traducións (unhas 100 cadeas polo
menos)."
Así que se me decides algún aplicativo polo que comezar e demostrar a
miña valía ;-) estou disposto.
Grazas pola atención.
--
Mundi Granja
[1] https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list