[Tradutores-Ubuntu] Presentación
Miguel Bouzada
mbouzada at gmail.com
Sun Feb 28 10:25:30 GMT 2010
2010/2/28 Mundi <mundigranja at gmail.com>
> Ola a todos:
>
> Chámome Edmundo Granja Domínguez pero todo o mundo me chama Mundi. O meu
> alcume na rede (e no Launchpad) é "mundigranja".
>
> Levo un tempo subscrito na lista de correo pero non foi ata hoxe que
> decidín presentarme. Teño feito algunha tradución no Launchpad, cadeas
> soltas, pero agora mesmo dispoño de moito tempo libre polo que penso que
> en algo podo axudar.
>
> Na páxina do "Ubuntu Galician Translators" [1] menciona que :
>
> "É necesario que mostres as túas habilidades como tradutor/a [...] Para
> iso realiza unha cantidade razoable de traducións (unhas 100 cadeas polo
> menos)."
>
> Así que se me decides algún aplicativo polo que comezar e demostrar a
> miña valía ;-) estou disposto.
>
> Grazas pola atención.
>
> --
> Mundi Granja
>
Antes que nada, benvido...
Ocorreseme que fagas un aplicativo completo, elixín un que non ten especial
complicación e que ten baixa prioridade, co que temos tempo para velo en
detalle e ademáis só ten 76 liñas.
https://translations.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/libelf/+pots/libelf/gl/+translate
avisanos cando o teñas listo para revisión.
Calqueira dúbida de launcpad/ubuntu consultaa aquí, se é de terminoloxía ou
dúbidas tecnicas, mellor que empregues a lista de de Trasno (trasno.net)
encabezando no Asunto: [Terminoloxía] "este_termo", ou [Dúbidas]
"termo_dúbida" segundo sexa.
>
>
> [1] https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl<https://launchpad.net/%7Eubuntu-l10n-gl>
>
>
>
>
>
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list