[Tradutores-Ubuntu] Tradución da frase "Long Term Support"

Antón Méixome certima at certima.net
Mon Apr 26 08:56:34 BST 2010


2010/4/26 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>

> 2010/4/26 Fran Diéguez <listas at mabishu.com>:
> > Ola a todos,
> >
> > veño de ollar que todos traducimos a frase "Long Term Support" como
> > "Asistencia de longo tempo" e quero propor unha solución un pouco máis
> > elegante.
> >
> > Teño dúbidas se a tradución da frase foi debatida anteriormente, nese
> > caso agradecería que me ligarades a dita discusión.
> >
> > As pretensións que teño son tan simples como que "Asistencia de longo
> > tempo" non cuantifica de forma máis ou menos cotexábel a extensión do
> > "longo tepo", ademais de (IMHO) sonar un pouco enrevesada.
> >
> > A miña proposta para iso é "Asistencia estendida" xa que con esta si
> > diferenciamos entre dous tipos de asistencia fornecida por Canonical.
> >
> > Asistencia normal -> edicións normais do SO
> > Asistencia estendida -> edicións LTS, supostamente máis estábeis.
>
> Eu entendo como "estendida" a asistencia de pago de canonical
>
> >
>

Optaría por algo do tipo

Asistencia de longa duración
Asistencia a longo prazo
Asistencia duradoira

Concordo con Miguel; probablemente estendida sexa "ampliada mediante
servizos complementarios"


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list