[Tradutores-Ubuntu] Tradución da frase "Long Term Support"

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Mon Apr 26 08:33:27 BST 2010


2010/4/26 Fran Diéguez <listas at mabishu.com>:
> Ola a todos,
>
> veño de ollar que todos traducimos a frase "Long Term Support" como
> "Asistencia de longo tempo" e quero propor unha solución un pouco máis
> elegante.
>
> Teño dúbidas se a tradución da frase foi debatida anteriormente, nese
> caso agradecería que me ligarades a dita discusión.
>
> As pretensións que teño son tan simples como que "Asistencia de longo
> tempo" non cuantifica de forma máis ou menos cotexábel a extensión do
> "longo tepo", ademais de (IMHO) sonar un pouco enrevesada.
>
> A miña proposta para iso é "Asistencia estendida" xa que con esta si
> diferenciamos entre dous tipos de asistencia fornecida por Canonical.
>
> Asistencia normal -> edicións normais do SO
> Asistencia estendida -> edicións LTS, supostamente máis estábeis.

Eu entendo como "estendida" a asistencia de pago de canonical

>
> Non sei que pensade do tema polo que estou aberto a discusións,
> suxestións, berrenchas e demáis reaccións (con cariño!).
>
> Saúdos
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list