[Tradutores-Ubuntu] Tradución da frase "Long Term Support"
Fran Diéguez
listas at mabishu.com
Mon Apr 26 08:28:12 BST 2010
Ola a todos,
veño de ollar que todos traducimos a frase "Long Term Support" como
"Asistencia de longo tempo" e quero propor unha solución un pouco máis
elegante.
Teño dúbidas se a tradución da frase foi debatida anteriormente, nese
caso agradecería que me ligarades a dita discusión.
As pretensións que teño son tan simples como que "Asistencia de longo
tempo" non cuantifica de forma máis ou menos cotexábel a extensión do
"longo tepo", ademais de (IMHO) sonar un pouco enrevesada.
A miña proposta para iso é "Asistencia estendida" xa que con esta si
diferenciamos entre dous tipos de asistencia fornecida por Canonical.
Asistencia normal -> edicións normais do SO
Asistencia estendida -> edicións LTS, supostamente máis estábeis.
Non sei que pensade do tema polo que estou aberto a discusións,
suxestións, berrenchas e demáis reaccións (con cariño!).
Saúdos
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list