[Tradutores-Ubuntu] Tradución ao galego das Release notes
Manuel X. Lemos
mxlemos at gmail.com
Wed Apr 21 17:07:56 BST 2010
En 2010/04/21 14:36, Fran Dieguez escribiu:
>
> Veño de rematar a tradución das Release Notes
>
> https://wiki.ubuntu.com/LucidLynx/ReleaseNotes/gl
>
> Fíxeno ás presas e correndo polo que preciso que outros ollos mo revisen.
>
> Grazas!
Así ollando por riba:
- Punto 4.5. da Táboa de contidos sen traducir
- No punto 4.5.1. ("/Activar Ctrl-Alt-Retroceso en Ubuntu/") pon o seguinte:
* /Seleccione Sistema->Preferencias->Teclado./
* /Seleccione o separador «Distribucións» e prema no botón «Opcións
de distribución»./
Se imos onde nos indica atopámonos que o separador non pon
«/Distribucións/» senón «/Disposicións/» e tampouco pon «/Opcións de
distribución/» senón «/Opcións.../».
Por certo, se en «Disposicións» damos a «Engadir...» e imos ao separador
«Por idioma», na listaxe de idiomas non aparece o galego (tampouco o
éuscaro), algúns idiomas aparecen traducidos ao galego e outros non, e
un aparece repetido (lituano).
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list