[Tradutores-Ubuntu] Aquí están as novas diapositivas do instalador de ubuntu

Anton Méixome meixome at certima.net
Sun Apr 11 23:57:18 BST 2010


2010/4/11 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> 2010/4/11 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
>
>> Ola,
>>
>> > ...Axuda e asistencia no menú Sistema,... ou Axuda e Asistencia técnica
>> tal
>> > e como está no menú?
>> Así é.
>>
>> > From the start, ...
>> > Desde o arrinque, ...
>> Eu poño todo arranque, desde que
>> http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=6160 e ti mo
>> recomendaches
>>
>
> Exactamente, pero alguén cambiou arrancar (posto por min) por arrincar
>

Ese algúen son eu, evidentemente. Descúlpame Miguel, e calquera outro
afectado, se che pareceu mal.

É a terceira vez que empezo este correo...
Facer corrección ten sempre ese risco aínda que se faga coa mellor
intención. Quero dicir coa intención de mellorar. Procuro evitar os
caprichos e cando corrixo aplico sempre algún razoamento que podo
explicar pero non son infalible. Entendín que cumpría facer que fosen
textos correctos pero tamén con certa elegancia. Corrección e revisión
de estilo non son o mesmo, naturalmente.

De feito, dixen anteriormente que remataba de facer unha revisión, non
a definitiva, e pedín que alguén máis o revisase para evitar as miñas
propias torpezas de andar rápido e porque corresponde a unha tradución
moi visible. Xa me dei conta cando a fixen que tocaba levemente
bastantes cadeas feitas por ti, non incorrectas pero mellorables, ao
meu criterio. Como as túas traducións tiñan xa algún tempo pensei que
as revisarías. Espero que encontrases algo positivo polo medio do meu
traballo.

Da mesma maneira, como sería longo explicar cada detalle, sería mellor
que os debates sobre discrepancias fosen un chisco organizados:
termos, estilo e rexistro son cousas diferentes. Mesmo algunhas cousas
cabería entendelas como propostas, por ser bastante novas, tanto túas
como miñas e haberá que debatelas. A iso axuda Launchpad e esta lista
e asumo as culpas de andar sempre ás présas, ás veces algo canso pero
sempre construtivo, creo.

A túa achega para acadar o nivel co que vai sair esta versión de
Ubuntu é moi notable, non pode haber dúbida en ningún de nós. Non hai
motivo ningún para o desalento nin para que decaia a túa colaboración.
Probablemente o esforzo nos estea pasando a súa factura e, unha vez
que acabe este ciclo de Ubuntu, queda unha semana, haberá que
reflexionar sobre como mellorar esta colaboración e reunir ánimos para
seguir.

P.D. Non me constaba o voso acordo sobre esa palabra (arrancar), do
que discrepo un chisco, así que como hai tempo aínda ata o día 15 para
esta tradución pódemolo reverter sen problema.



>> >
>> > <em>Evolution Mail</em>
>> > O <em>Correo de Evolution</em> Nos menús (e en todo gnome) pon... Correo
>> do
>> > Evolution
>> A min tampouco me gusta, aínda que estouno aplicado debido a que se viña
>> facendo así, terase que debater.
>> >
>> > ...Just enter your email account information...
>> > ...Só ten que inserir a información da súa conta de correo... Inserir ?
>> non
>> > será "introducir"
>> En GNOME usamos inserir, non vexo por que está mal.
>>
>
> Insert → inserir → sin incluír
> Enter → introducir → sin. meter, entrar
>
>
>> > ...that they are easy to find later on.
>> > ...de modo que lle resulte logo máis sinxelo encontralas. Aquí puña
>> "doado
>> > atopalas"
>> >
>> > atopar → encontar, prefirese o termo máis "español"
>> encontrar tamén é galego, eu traduzo como encontrar por debates
>> anteriores. Ainda que a miña preferencia era, e é, atopar.
>>
>
> Pode que se me escapara ese debate, non lembro ter falado diso, se é así
> gustariame ter unha referencia clara sobre a preferencia por encontrar,
> ocultar, etc..
>
>
>
>> > arrancar → arrincar prefirese o termo máis "enxebre"
>> ti mesmo fai unha semana recomendáchesme empregar arrancar
>>
>
> Por iso digo, que alguén o cambia a arrincar
>
>
>> >
>> > Emprego do articulo no nome dos aplicativos... "do Evolution", "do GNOME"
>> > isto levanos a considerar...
>> > que o contorno é "O GNOME", non "GNOME" e os aplicativos son... O GIMP, O
>> > Firefox, O Openoffice, etc... polo que deberemos replantexar todo o
>> > traducido ata o día de hoxe
>> concordo
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Leader of openOffice.org GL
http://gl.openoffice.org



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list