[Tradutores-Ubuntu] Aquí están as novas diapositivas do instalador de ubuntu
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Mon Apr 12 11:04:46 BST 2010
>>> > ...Axuda e asistencia no menú Sistema,... ou Axuda e Asistencia técnica
>>> tal
>>> > e como está no menú?
>>> Así é.
>>>
>>> > From the start, ...
>>> > Desde o arrinque, ...
>>> Eu poño todo arranque, desde que
>>> http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=6160 e ti mo
>>> recomendaches
>>>
>>
>> Exactamente, pero alguén cambiou arrancar (posto por min) por arrincar
>>
>
> Ese algúen son eu, evidentemente. Descúlpame Miguel, e calquera outro
> afectado, se che pareceu mal.
>
> É a terceira vez que empezo este correo...
> Facer corrección ten sempre ese risco aínda que se faga coa mellor
> intención. Quero dicir coa intención de mellorar. Procuro evitar os
> caprichos e cando corrixo aplico sempre algún razoamento que podo
> explicar pero non son infalible. Entendín que cumpría facer que fosen
> textos correctos pero tamén con certa elegancia. Corrección e revisión
> de estilo non son o mesmo, naturalmente.
>
> De feito, dixen anteriormente que remataba de facer unha revisión, non
> a definitiva, e pedín que alguén máis o revisase para evitar as miñas
> propias torpezas de andar rápido e porque corresponde a unha tradución
> moi visible. Xa me dei conta cando a fixen que tocaba levemente
> bastantes cadeas feitas por ti, non incorrectas pero mellorables, ao
> meu criterio. Como as túas traducións tiñan xa algún tempo pensei que
> as revisarías. Espero que encontrases algo positivo polo medio do meu
> traballo.
>
> Da mesma maneira, como sería longo explicar cada detalle, sería mellor
> que os debates sobre discrepancias fosen un chisco organizados:
> termos, estilo e rexistro son cousas diferentes. Mesmo algunhas cousas
> cabería entendelas como propostas, por ser bastante novas, tanto túas
> como miñas e haberá que debatelas. A iso axuda Launchpad e esta lista
> e asumo as culpas de andar sempre ás présas, ás veces algo canso pero
> sempre construtivo, creo.
>
> A túa achega para acadar o nivel co que vai sair esta versión de
> Ubuntu é moi notable, non pode haber dúbida en ningún de nós. Non hai
> motivo ningún para o desalento nin para que decaia a túa colaboración.
> Probablemente o esforzo nos estea pasando a súa factura e, unha vez
> que acabe este ciclo de Ubuntu, queda unha semana, haberá que
> reflexionar sobre como mellorar esta colaboración e reunir ánimos para
> seguir.
>
> P.D. Non me constaba o voso acordo sobre esa palabra (arrancar), do
> que discrepo un chisco, así que como hai tempo aínda ata o día 15 para
> esta tradución pódemolo reverter sen problema.
Eu semprei usei "arrincar" ata que alguén me dixo que usara
"arrancar". Pero non din atopado ningunha referencia agás unha
conversa con Fran de principios de marzo onde me comentaba que Méixome
lle dixera que usara "arrincar":
5:50 PM me: pero non era arrancar?
5:51 PM Fran: pregunteille a méixome e dixome arrincar
por antigüidade
...
así que eu diría que temos un caso típico de lea terminolóxica que
cumpriría resolver.
Aproveito para contestarlle aquí a Damufo: creo que si que aparecía
noutra diapositiva posterior, e resalto o "creo".
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list