[Tradutores-Ubuntu] Aquí están as novas diapositivas do instalador de ubuntu
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Sun Apr 11 11:37:14 BST 2010
Ola,
> ...Axuda e asistencia no menú Sistema,... ou Axuda e Asistencia técnica tal
> e como está no menú?
Así é.
> From the start, ...
> Desde o arrinque, ...
Eu poño todo arranque, desde que
http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=6160 e ti mo
recomendaches
>
> <em>Evolution Mail</em>
> O <em>Correo de Evolution</em> Nos menús (e en todo gnome) pon... Correo do
> Evolution
A min tampouco me gusta, aínda que estouno aplicado debido a que se viña
facendo así, terase que debater.
>
> ...Just enter your email account information...
> ...Só ten que inserir a información da súa conta de correo... Inserir ? non
> será "introducir"
En GNOME usamos inserir, non vexo por que está mal.
> ...that they are easy to find later on.
> ...de modo que lle resulte logo máis sinxelo encontralas. Aquí puña "doado
> atopalas"
>
> atopar → encontar, prefirese o termo máis "español"
encontrar tamén é galego, eu traduzo como encontrar por debates
anteriores. Ainda que a miña preferencia era, e é, atopar.
> arrancar → arrincar prefirese o termo máis "enxebre"
ti mesmo fai unha semana recomendáchesme empregar arrancar
>
> Emprego do articulo no nome dos aplicativos... "do Evolution", "do GNOME"
> isto levanos a considerar...
> que o contorno é "O GNOME", non "GNOME" e os aplicativos son... O GIMP, O
> Firefox, O Openoffice, etc... polo que deberemos replantexar todo o
> traducido ata o día de hoxe
concordo
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list