[Tradutores-Ubuntu] Ollo nas contribucións ao Ubuntu-manual

Fran Diéguez listas at mabishu.com
Tue Apr 6 15:19:48 BST 2010


Ola,

Vin que alguén fixo contribucións ao Ubuntu-Manual, o cal está xenial, 
pero tede coidado cos infinitos tags que hai en latex porque por mor 
dalgunhas traducións

"\then" -> "\e despois"
malas inclusións no glosario \gls e \newglossaryentry
e cousas polo estilo.

Causan que falle a compilación e non se xere o manual. A detección de 
bugs en latex é bastante complicado e sempre hai que facelo en local 
para ver en que liña se produce o erro.

Pois iso, se contribuídes e vedes que hai algún tag que non sabedes como 
traducilo mellor deixadeo en branco e pasade á seguinte cadea e 
preguntade por aquí.

Saúdos



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list