[Tradutores-Ubuntu] Localización do Manual de Ubuntu

Enrique Estévez Fernández eu at keko.me
Mon Apr 5 17:08:56 BST 2010


Ola.

En principio, tanto Fran e máis eu, estamos coa tradución do Manual de
Ubuntu, espero que non lle pareza mal a ninguén. Porque comento isto,
e agora explícome:

Como sabedes o manual de Ubuntu está en fase de realización. Somos os
que levamos a tradución máis avanzada de todos os equipos. A tradución
non é para tirar foguetes, pero ten unha calidade mínima e está
pendente dunha revisión completa, a cal se realizará en local e se
compilará o manual e se comprobará todo o traballo realizado.
Agradecemos todas as colaboracións e aportacións que a xente está a
facer, pero non vos matedes xa que as cadeas cambian e o que vamos
facendo é intentar manter a tradución dentro duns parámetros
aceptábeis para poder rematala, revisala e probala (cando finalicen
coa redacción do mesmo) antes da súa inclusión na nova versión de
Ubuntu.

Xa comezamos a realizar as primeiras capturas de pantalla seguindo as
instrucións da xente que realiza o manual e cremos que se progresa
adecuadamente co mesmo. Avisarémosvos dos progresos que realizamos.

Un saúdo.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list