[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Wed Sep 30 13:47:44 BST 2009


> *** Respecto ao de "aplicativo/aplicación". Moi en breve...
>
> - Ambas son correctas
> - Estamos a construír unha "terminoloxía informática en galego".
> Necesitamos "termos" non só palabras.
> - Para avaliar un termo hai que "probalo" mantendo a cohesión da
> tradución (por iso se fai en Gnome).
>
> - Aplicación : acción ou efecto de aplicar algo a algo
> - Aplicativo: redución de "software aplicativo" ou programa.
>
> Así temos un termo (exacto) que nos dá riqueza e desambigüación:
>
> Exemplos:
>
> A mellor aplicación do aplicativo Writer é para usos de escritorio.
> Esa é unha boa aplicación  (un bo uso? / un bo programa? )
>
> Sería un caso análogo a PEDIR: pedido, petición, pedimento... cousas distintas
>
> Se cadra percíbese o que quero dicir con máis perspectiva collendo a
> explicación francesa (application/aplicatif):
>
> http://fr.wikipedia.org/wiki/Logiciel_applicatif
>
> "En informatique, le terme application désigne à la fois l'activité
> d'un utilisateur susceptible d'être automatisée et le logiciel qui
> automatise cette activité (logiciel applicatif)."
>
> É dicir, aplicación vale para os dous usos, é xenérico (ás veces
> ambigüo); mentres aplicativo é claramente refererido a un "programa".
> Pode contrastarse tamén en portugués, e español, etc...
> En galego, aínda que os adxectivos rematados en -ivo/a son para
> desconfiar, non é ese o caso. E non son eu o primeiro en empregar en
> galego esta escolla, e en castelán tampouco, desde logo.

Pois eu se tivera que escoller, e sabendo que "aplicación" é
problemático tiraria directamente por "programa". Toda a xente o
entende, e non soa raro como ti dis.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list