[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic

Marcos García marcosgdf at gmail.com
Wed Sep 30 15:36:38 BST 2009


Non estou dacordo contigo Antón, eu prefiro aplicación, e se hai conflicto,
pois coma di Leandro, é mellor tirar por "programa".
Saúdos

2009/9/30 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>

> > *** Respecto ao de "aplicativo/aplicación". Moi en breve...
> >
> > - Ambas son correctas
> > - Estamos a construír unha "terminoloxía informática en galego".
> > Necesitamos "termos" non só palabras.
> > - Para avaliar un termo hai que "probalo" mantendo a cohesión da
> > tradución (por iso se fai en Gnome).
> >
> > - Aplicación : acción ou efecto de aplicar algo a algo
> > - Aplicativo: redución de "software aplicativo" ou programa.
> >
> > Así temos un termo (exacto) que nos dá riqueza e desambigüación:
> >
> > Exemplos:
> >
> > A mellor aplicación do aplicativo Writer é para usos de escritorio.
> > Esa é unha boa aplicación  (un bo uso? / un bo programa? )
> >
> > Sería un caso análogo a PEDIR: pedido, petición, pedimento... cousas
> distintas
> >
> > Se cadra percíbese o que quero dicir con máis perspectiva collendo a
> > explicación francesa (application/aplicatif):
> >
> > http://fr.wikipedia.org/wiki/Logiciel_applicatif
> >
> > "En informatique, le terme application désigne à la fois l'activité
> > d'un utilisateur susceptible d'être automatisée et le logiciel qui
> > automatise cette activité (logiciel applicatif)."
> >
> > É dicir, aplicación vale para os dous usos, é xenérico (ás veces
> > ambigüo); mentres aplicativo é claramente refererido a un "programa".
> > Pode contrastarse tamén en portugués, e español, etc...
> > En galego, aínda que os adxectivos rematados en -ivo/a son para
> > desconfiar, non é ese o caso. E non son eu o primeiro en empregar en
> > galego esta escolla, e en castelán tampouco, desde logo.
>
> Pois eu se tivera que escoller, e sabendo que "aplicación" é
> problemático tiraria directamente por "programa". Toda a xente o
> entende, e non soa raro como ti dis.
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
marcos garcía // marquitox (.net)


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list