[Tradutores-Ubuntu] Tradución de Karmic
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Sun Sep 27 18:40:09 BST 2009
Ola a todos,
coido que é o meu primeiro envío a esta rolda máis penso que todos me
coñecedes. Son tradutor de GNOME ao galego (en breve o único), alén de
outros proxectos, polo que non son un recén chegado nin teño pouca
experiencia na tradución de software ceibe.
En fin que estamos a piques de ver a nova versión kármica de Ubunto e vexo
que non hai moito movimento de coordenación nesta rolda e moito menos
traducido nos novos engadidos nesta versión. En concreto e máis salientábel
son o "Software Store" e o "Ubiquity Slideshow".
Este último resulta moi paradóxico que non fora traducido anteriormente
porque é certamente a primeira porta que se atopa un usuario novo ao chegar
ao "LiveCD" de Ubunto e tenta instalalo na sua equipa.
Este slideshow xa o teño traducido completamente e o seguinte asalto sería o
Software Store, para chegar á data da liberación de Karmic en boas
condicións. Espero nos vindeiros días ter algún comentario e suxestión de
aplicativos por traducir. En principio bastaría con informar de seccións sen
traducir na Karmic. Para os que teñan máis medo que empreguen unha máquina
virtual (p.ex. VirtualBox) coa última live-cd de Ubuntu Karmic alfa-6
http://cdimage.ubuntu.com/releases/karmic/alpha-6/ .
Pouco histórico desta rolda vin así que non podo xulgar, pero coido que se
perde moito tempo falando de temas sen importancia (ex. os comentarios
relacionados coa presentación de* Golfinho-Gz*) . Aquí o importante é
traducir o máis e mellor posíbel a contorna de Ubunto ao galego. Por favor
non tomedes este comentario coma un ataque a todos vós, só como unha crítica
construtiva.
Saúdos a tod at s
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list